_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | Concerto de Odaiko
Programa
  | Verán Vilagarcía - San Roque 08
Fecha Inicio
  | 18/08/2008
Fecha Fin
  | 18/08/2008
Horario
  | 23:00
Lugar
  | Avda. de la Marina
Precio
  | Gratuito
Observaciones
 
| Odaiko Percussion Group toma o seu nome do odaiko, unha variante moi voluminosa do tambor tradicional xaponés, o taiko. Cos seus até 1,2 metros de diámetro e 1,5 de profundidade, un odaiko chega a requirir a participación de tres persoas para ser tocado.

Os integrantes de Odaiko Percussion Group importaron desde Oriente un contedor de barco con decenas destes tambores tradicionais para conformar a medula espinal do seu actual espectáculo, “Okho”. Unha proposta integramente percusiva onde a música contemporánea fusiónase co jazz, o flamenco, a tradición da India ou os cantos tribais que acompañan os djembés de Senegal. Unha viaxe exploratorio polas tradicións percusivas globais unificadas nun show que conxuga ademais unha boa dose teatral, proxeccións audiovisuais, un chisco de humor e unha coidada posta en escena.

Deste xeito, Odaiko reinventa a fórmula do concerto clásico, no cal se pactan as pausas e aplausos, para dar lugar á improvisación fluída e a bidireccionalidade cómplice co público. Odaiko convida así a descubrir como a percusión, a máis grande familia de instrumentos, pode axuntar ritmo e melodía transportando ao oínte por unha viaxe ao redor do mundo a través da ampla gama de cores e olores, sabores e timbres que a percusión posúe.

Os membros que compoñen Odaiko son Ton Risco, Juan Collazo, Roberto Oliveira, Antonio Ocampo. Todos eles teñen unha amplísima formación como percusionistas de música clásica e tocan ou tocaron en importantes Orquestras Sinfónicas de diferentes países.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2008  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -