_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | Concerto - Los Mejores Años de Nuestra Vida
Programa
  | San Roque 2009
Fecha Inicio
  | 17/08/2009
Fecha Fin
  | 17/08/2009
Horario
  | 23:00
Lugar
  | Parque de A xunqueira
Precio
  | Gratuíto
Observaciones
 
| O grupo do programa de TVE “Los mejores años de nuestra vida” do que forman parte dez “ex triunfitos” (entre eles a gañadora da edición de 2006) interpreta temas dos 50, 60, 70, 80 e 90 lembrándonos así cancións de décadas pasadas en voces actuais.

O grupo está formado por:

LORENA, flamante gañadora de OT 2006, alcanzou o Ouro co seu primeiro disco, de nome homónimo. O seu segundo traballo, "De película", recolle excelentes versións de bandas sonoras de films como "Flashdance", "A voda do meu mellor amigo" ou "Footloose".

IVÁN SANTOS quedou a un paso da final de OT 2008. Foi un dos participantes na última edición de "Sobreviventes".

NIKA, a rockeira da segunda edición de OT, vendeu 200.000 copias do single e alcanzou o Disco de Ouro co seu primeiro longa duración. Ademais da súa gran voz, Nika está considerada como unha das artistas máis sexys do noso país..

FRAN DIELI foi o quinto finalista de OT 2005. Un ano despois do seu paso polo concurso, gravou un disco xunto aos seus compañeiros Guillermo Martín e Sandra Polop, e agora está a tentar abrirse camiño en solitario coa colaboración do prestixioso produtor Kike Santander.

PABLO, segundo finalista de OT 2008, lanzará en breve o seu primeiro disco xunto ao grupo Neno Raro, do que forma parte desde moito antes do seu ingreso na Academia.

MIMI foi proposta polo xurado na Gala 0 para non entrar na Academia, aínda que finalmente os profesores decidiron darlle un voto de confianza, e tal foi a súa evolución que chegou a converterse na sexta finalista de OT 2008.

DANIEL ZUERAS non gañou OT 2006 por unhas décimas. O seu primeiro disco levaba por título "Siempre sale el sol”. Está previsto que o seu segundo traballo, "Mi defensa", estea á venda nos próximos meses.

ANABEL foi das primeiras 'triunfitas' da última xeración en atopar traballo tras a súa saída da Academia, como membro da orquestra do xa desaparecido programa de Antena 3, "Al pie de la letra". Tamén é compoñente do grupo Santa Fe.

SANDRA POLOP, a benxamina de OT 2005, formou parte do grupo Xeración OT en 2006, e acaba de lanzar o seu primeiro disco baixo o nome artístico de El secreto de Álex.

VÍCTOR protagonizou algunhas das actuacións máis memorables da cuarta xeración de OT. A súa carreira discográfica está composta, até a data, de dous álbums, "Rock & Swing” e “Potser”.


   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2009  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -