_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | Concerto María Dolores Pradera
Programa
  | San Roque 2009
Fecha Inicio
  | 21/08/2009
Fecha Fin
  | 21/08/2009
Horario
  | 23:59
Lugar
  | Parque de A xunqueira
Observaciones
 
| Resultaría inútil e ridículo tentar resumir a impresionante traxectoria musical desta “gran dama da canción española”.
Actuou nos máis importantes teatros e escenarios de España e América e do seu repertorio forman parte auténticas lendas da música popular como “La flor de la canela” ou “Jazmines en el ojal”.

A súa voz suave e perfecta en múltiples rexistros -baladas, boleros, coplas, rancheiras, fados, etc.-, así como os seus grandes dotes dramáticos sobre o escenario, converteron as súas versións en clásicos da canción popular en fala hispana.

Obtivo numerosos galardóns españois e internacionais, tanto pola súa faceta teatral como pola súa carreira como cantante, como o Premio Nacional de Teatro, a Medalla de Belas Artes e o Premio Lara.

Entre os seus últimos traballos atópanse diversas colaboracións con cantautores como Joaquín Sabina ou Rosana.

En 2006 publicou un álbum xunto aos Sabandeños, titulado "Ao cabo do tempo" que alcanzou o Disco de Ouro.
En 2007 lanzou un recompilatorio en CD DVD titulado "En boa compañía" e que recolle os seus mellores duetos con artistas da talla de Joaquín Sabina, Caetano Veloso, Rosana, Víctor Manuel ou Maria do Mar Bonet.

En novembro de 2008 publicou "Cántoche un bolero" acompañada polos Sabandeños, disco no que selecciona 11 boleros entre o mellor do repertorio clásico, onde se inclúen cancións como: “Contigo en la distancia”, “Cómo pasaron los años”, “Camino verde”, “En un rincón del alma” ou “No sé por que te quiero”, entre outras, cancións que sen dúbida formarán parte do repertorio do seu concerto en Vilagarcía.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2009  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -