|
CONCELLO
O Concello adquire un baixo de 563 metros cadrados nos Duráns para acoller as oficinas de Servizos Sociais |
|
O Concello de Vilagarcía vén de adquirir un baixo para albergar as oficinas dos Servizos Sociais Municipais. Trátase duns locais situados no barrio dos Duráns cunha superficie total de 563 metros cadrados. A compra do inmoble era unha necesidade que o departamento que dirixe Tania García viña demandando xa dende hai tempo debido a que as actuais dependencias no consistorio resultaban insuficientes para poder desenvolver o importante volume de actividade que rexistra o servizo debido ao crecente número de usuarios e á correspondente ampliación de programas e de persoal levados a cabo nos últimos anos. |
|
|
|
|
|
|
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|