Recollendo a petición trasladada por colectivos do pobo de Carril e facéndoa súa, o Concello de Vilagarcía rende homenaxe mañá a José Luis Mulet Rodríguez, un dos veciños de Carril máis queridos e respectados debido a súa implicación na vida social, cultural e deportiva da localidade. Falecido en abril de 2022 aos 74 anos de idade, o seu recordo quedará por sempre ligado ao seu pobo mediante no banco co seu nome que mañá se colocará na zona da Rosa, nas inmediacións da súa casa, e mirando a Cortegada, a illa que tanto amaba. |