|
DEPORTE
Os novos vestiarios da piscina municipal están operativos dende hoxe |
|
Os flamantes vestiarios da piscina municipal Celestino Briones volven estar operativos dende hoxe mesmo. Os usuarios das instalacións deportivas xa poden facer uso das flamantes dependencias que, tras a reforma realizada polo Concello, gañaron en amplitude, confort e intimidade. O alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Deportes, Carlos Coira, acudiron onte pola tarde á piscina para inspeccionar o estado final da obra e comprobar si todo estaba en perfecto estado para a súa reapertura no día de hoxe, tal e como se anunciara a semana pasada. Tanto o rexedor como o edil salientaron o “cambio espectacular” dos vestiarios e valoraron de forma moi positiva a transformación iniciada na piscina e que se completará coa construción do edificio anexo no que se emprazará o segundo vaso. |
|
|
|
|
|
|
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|