_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A presidenta de ARELAS imparte mañá unha charla sobre as dificultades que afectan aos menores trans

A sala de conferencias do Auditorio municipal acolle mañá a charla organizada a través dunha iniciativa promovida pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello de Vilagarcía para promover a visibilización e o respecto ao colectivo de persoas transexuais. A presidenta da Asociación de Familias de Menores Trans de Galicia (ARELAS), Cristina Palacios será a encargada de expoñer os problemas e dificultades que teñen que afrontar as persoas trans, e especialmente, os menores e as súas familias. A charla comeza ás 11 da mañá e estará precedida dunha breve presentación a cargo da concelleira de Igualdade, Tania García e a deputada provincial, Digna Rivas.
14.02.2018.- Esta charla complétase coa exposición fotográfica ”Sorrisos Transformadores” que se pode visitar dende o pasado 6 de febreiro na antesala da Casa de Cultura dea rúa Rey Daviña. Esta mostra ofrece unha visibilización positiva do colectivo trans a través de imaxes de persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta, acompañadas dun texto que reflicte unha frase ou idea sobre a protagonista da imaxe ou sobre o seu entorno. Entre as persoas retratadas inclúense persoas de referencia social, sexan ou non transexuais, pero si relacionadas coa realidade de estas persoas pola súa profesión (especialistas en educación, o dereito, a política ou a psicoloxía).

Promover a diversidade e previr a discriminación

A iniciativa da Deputación leva por lema “Respecta, defende, sensibiliza, iguala, vive e deixa vivir” e persegue a visibilización, sensibilización e naturalización do colectivo trans para promover a igualdade de oportunidades, o respecto á diversidade e o dereito a ser diferentes. En definitiva, esta acción trata de contribuír a previr actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e as identidades de xénero.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -