_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
AVISO: Peche de rúas o sábado pola tarde para a celebración do desfile de disfraces

A celebración do desfile de disfraces e carrozas do Entroido o sábado 17 de febreiro obriga a realizar cortes de tráfico e a deixar libres os estacionamentos das rúas polas as que discorrerá o colorido evento. O peche de rúas ao paso de vehículos terá lugar entre as 17 e as 20 horas e os estacionamentos deberán quedar baleiros a antes das 15 horas.
16.02.2018.- As rúas que se pecarán ao tráfico a partir das 17 horas serán as de Alexandre Bóveda, Doutor Carús, Alejandro Cerecedo, Doutor Tourón, Edelmiro Trillo, Praza Independencia, Gumersindo Nartallo, Juan Carlos I, Praza da Constitución, Colón, Avda. da Mariña, Conde Vallellano, Arcebispo Lago e Alexandre Bóveda.

A rúa Alexandre Bóveda e a Praza de Doutor Carús pecharanse antes, a partir das 14 horas, para proceder á limpeza das mesmas unha vez finalizado o mercado do sábado. Volverán a abrirse ao remate do desfile que, como se sabe, comeza e finaliza nesa zona.

A Policía informa ademais de que os estacionamentos públicos destas rúas deberán quedar libre de vehículos antes das 15 horas para permitir o paso do desfile. Os automóbiles que a partires desa hora permanezan aparcados o percorrido, serán retirados polo guindastre. Tamén se lembra que no horario de pase do desfile, non se poderá entrar nin saír dos garaxes das rúas afectadas, polo que si se vai a necesitar o coche recoméndase sacalo antes.

Recomendacións para circular e aparcar
Para o tráfico procedente de Vilanova e Cambados, con destino a Carril, recoméndase o desvío pola estrada portuaria (Pablo Picasso, Valle Inclán, Rivero de Aguilar e Rosalía de Castro).
Os vehículos procedentes de Catoira e Bamio con destino Pontevedra – Caldas – Godos, deberían dirixirse á circunvalación (VG 4.7). Igualmente para o sentido contrario. E a recomendación para o tráfico procedente de Vilanova e Cambados, con destino a Pontevedra – Caldas – Godos, é usar a N-640.

A Policía local tamén aconsella evitar circular polo centro urbano no horario do desfile, estacionar nas áreas de aparcamento disuasorio: explanada anterior e posterior de Fexdega, Zona TIR e o Ramal, bolsas de A Escardia, Area Comercial das Carolinas ou Estación de Ferrocarril.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -