_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Trinta cultivadores exhiben na Peixería as camelias máis fermosas nunha Exposición Internacional vestida de Franco Quintáns

O LIV Concurso-Exposición Internacional da Camelia desenvolverase esta fin de semana na Praza da Peixería de Vilagarcía. Trinta cultivadores exhibirán diversas variedades de camelia de xeito individual e en lotes dispostos nas composicións florais que ocuparán unha superficie de 122 metros cadrados. A mostra inaugúrase mañá sábado, ás 20 horas, tras o cal desenvolverase o desfile de moda da colección "Camelia" deseñada por Franco Quintáns.
09.03.2018.- O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, será o encargado de inaugurar a Exposición Internacional da Camelia. Ao acto asistirá tamén a presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, Carmela Silva.

A idea era que o pase de moda se realizase fora do recinto, pero debido as choivas previstas para mañá, finalmente celebrarase no interior da Peixería. Neste marco, e rodeadas de camelias, desfilarán as modelos vestindo os traxes de alta costura deseñados por Quintáns inspirándose na flor das Rías Baixas.
A Exposición Internacional da Camelia é un evento cuxa organización vai rotando anualmente entre Vilagarcía, Pontevedra e Vigo. A presente edición terá como escenario a Praza da Peixería e a súa contorna. A mostra floral estará dentro do recinto e fora, modo de presentación, emprázase a exposición das mellores imaxes de camelias presentadas ao concurso fotográfico convocado polo Concello no marco da programación do evento.

A exposición Internacional da Camelia clausurarase o domingo. Ás doce do mediodía procederase a entrega dos distintos premios que a organización entrega ás mellores variedades de camelia individual ou en conxunto e tamén aos cultivadores. Para esta edición o Concello de Vilagarcía un trofeo especial que representa a flor da camelia. O deseño é obra da Área de Comunicación. Ademais, editarase unha edición única de auga-tintas de Miriam Villaronga coas que agasallar aos participantes.

Nese mesmo acto faranse entregaranse os premios do Concurso Fotográfico e do de Escaparatismo. Neste último participan un total de 14 establecementos comerciais da cidade que durante a fin de semana engalanarán os seus escaparates utilizando como motivo principal a camelia. Os comercios teñen que estar adornados ás 12 horas do sábado, momento no que os membros do xurado pasarán polas respectivas tendas a avaliar os escaparates.

Para a clausura do certame estaba prevista a actuación ao aire libre da Banda de Música de Vilagarcía, pero debido as chuvias previstas e á imposibilidade de acoller dentro da Peixería a todos os membros da Banda, o concerto trasladarase ao vindeiro fin de semana. Será o domingo, ás 13:00 horas na Alameda.De chover tamén ese día, trasladaríase ao Salón García.

Tanto co concurso de fotografía como co de escaparatismo preténdese exaltar a camelia, flor características das Rías Baixas, máis alá da mostra floral. Tamén por ese motivo o Concello organizou visitas guiadas gratuítas ao Pazo de Rubiáns, declarado Xardín de Excelencia Internacional. As últimas visitas serán a do sábado pola tarde 16:30 horas e o domingo pola mañá, ás 11:00. O Concello porá un autobús con saída e regreso ao Cavadelo para trasladar aos participantes ata o pazo e traelos de volta ao remate da actividade. Os interesados deberán reservar praza remitindo un correo á dirección mail ao enderezo camelia@vilagarcia.gal
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -