_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello tamén renovará as varandas do tramo do río que discorre pola Praza de Abastos

As varandas do último tramo do curso do Con renovaranse na súa totalidade dende a ponte de Doutor Tourón ata a mesma desembocadura do río. O Concello planea xa a terceira fase da actuación que afectará ás varandas do tramo fluvial que discorre detrás da Praza de Abastos. O proxecto de foi aprobado pola Xunta Local de Goberno e agora remitirase a Patrimonio da Xunta de Galicia para dea o seu visto bo -como xa fixo coas actuacións previstas nas dúas fases previas-, xa que a actuación enmárcase no ámbito do Conxunto Monumental de Vista Alegre, declarado Patrimonio Histórico Cultural.
10.03.2018.- Esta terceira fase prevé a substitución das varandas protectoras das veiras do río, que seguirán a estética das previstas nas outras dúas zonas, usando como material principal o aceiro cortén. Con elo a zona presentará unha imaxe integral e mellorarase a seguridade, dado que os actuais posamáns deste tramo do leito fluvial están bastante deterioradas.

Pero o proxecto non remata aí, xa que inclúe outras melloras para resaltar a zona peonil. De feito, prevese a mellora de iluminación na zona verde situada na desembocadura do río, concretamente no “triángulo”. E o paseo García de Caamaño gañará en atractivo coa inclusión de árbores pegados á beira do río e ao longo de toda a zona peonil co obxecto de xerar zonas de sombra e proporcionar un toque natural ao conxunto.

Esta terceira fase de renovación das varandas no último tramo do curso fluvial complementará as dúas anteriores. A primeira, que está a piques de adxudicarse, afectará ao ámbito do parque da Xunqueira e a segunda á Ponte de Vista Alegre.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -