_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O proxecto dos orzamentos municipais debaterase o próximo venres nun pleno extraordinario

O venres, 23 de marzo, celebrarase o Pleno extraordinario no que a Corporación Municipal debaterá o proxecto dos orzamentos municipais deseñados polo executivo socialista que preside Alberto Varela para o exercicio de 2018. Tras o proceso de negociacións individuais cos grupos da oposición iniciado en xaneiro, e que se pecharon esta mañá cun encontro co BNG, o goberno convocou para mañá unha xunta de voceiros para abordar de forma conxunta o documento que finalmente se elevará ao Pleno do venres tras estudar as diferentes propostas e achegas realizadas por cada formación política. A reunión comezará ás 10 da mañá.
15.03.2018.- Como se sabe, o executivo socialista goberna en minoría polo que a negociación resulta esencial para lograr os votos necesarios para sacar adiante os presupostos. Precisamente por iso, o goberno manterá aberta esta negociación ata o remate da xunta de voceiros de mañá para tratar de acadar o maior número de apoios posible.

O importe dos orzamentos para este ano apenas variarán respecto a 2017, situándose lixeiramente por riba dos 27 millóns de euros. Tendo en conta que hai grandes partidas practicamente fixas –persoal, limpeza, alumado, etcétera- nas que pouca variación vai haber, a proposta final do goberno socialista incidirá nos apartados de carácter social e nos que contribuirán a crear o seu modelo de cidade. Como nos dous exercicios anteriores, recolleranse as partidas para as becas universitarias, para o pago do IBI e para a Educación Infantil. Tamén se reservarán investimentos para humanizacións de rúas e prazas, mobilidade e mellora da accesibilidade. E prestarase especial atención á mellora do rural e conservación do patrimonio. En canto ás achegas da oposición, teranse en cota aquelas que, sendo viables economicamente resulten positivas para a cidadanía e encaixen no modelo de cidade que defende o executivo de Varela.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -