_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía abre a praia canina do Castelete e proxecta novos parques para cans na Tomada e Piñeiriño

Vilagarcía conta dende hoxe coa súa primeira praia canina. O Concello vén de abrir a nova instalación habilitada no areal do Castelete e que ten como obxectivo atender a demanda dos numerosos propietarios de cans da zona que ata o de agora carecían dun espazo deste tipo no que poder soltar ás súas mascotas para que poidan facer exercicio e refrescarse cun baño no mar.
27.03.2018.- A nova praia canina non é unicamente unha zona reservada para poder ser utilizada polos cans sen máis, senón que conta cos equipamentos e servizos necesarios para que os animais poidan esparexerse con seguridade e comodidade. Para isto o Concello realizou unha serie de melloras como a retirada das pedras de maior tamaño dispersas polo areal, valou a praia para evitar que os cans poidan escapar cara a estrada, habilitou dúas entradas para peóns e unha para acceso de maquinaria de servizo, instalou unha fonte con auga corrente para que os cans poidan saciar a súa sede, papeleiras que depositar nelas os excrementos dos animais, habilitou unha zona de herba e instalou bancos para os donos dos cans. Tamén se colocou sinalización informativa.

Todos os traballos foron realizados por operarios municipais dos departamentos de Obras e Medio Ambiente.

A praia canina non é a única actuación que o Concello levará a cabo en materia do benestar animal na cidade. Tras a construción do primeiro parque canino do municipio en Fexdega, xa se está traballando na ampliación deste área debido ao elevado número de usuarios cos que conta. Dentro do mesmo proxecto, a Xunta Local de Goberno aprobou esta mesma mañá a memoria valorada para habilitar outros dous parques caninos, un na Tomada (Carril) e outro no barrio do Piñeiriño. As tres actuacións suman un investimento de 47.797 euros que se financiarán a través do Plan de Obras e Servizos da Deputación.

Ademais de incidir na mellora do benestar dos cans, a creación destas zonas reservadas para uso exclusivo das mascotas tamén reporta beneficios á sociedade en xeral, posto que ao dispor de instalacións propias evitánse as molestias producidas cando algún dono soltaba ao seu can en praias ou zonas de recreo pensadas para as persoas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -