_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Persoas Maiores difunde as axudas autonómicas para ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en vivendas

A Área de Persoas Maiores do Concello de Vilagarcía faise eco das axudas autonómicas para a instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en vivendas privadas. A convocatoria da Xunta de Galicia publicouse no DOG de onte e os interesados en acceder a estas subvencións dispoñen de prazo ata o 30 de maio para presentar as súas solicitudes. Debido a que as persoas maiores son o principal colectivo que más precisa destes sistemas que facilitan o desenvolvemento da vida cotiá, a concellería que dirixe Tania García Sanmartín difunde a convocatoria dirixida tanto a propietarios individuais como a comunidades de veciños.
27.03.2018.- O programa de subvencións está pensado para favorecer o dereito á accesibilidade universal, no ámbito concreto da accesibilidade arquitectónica. Por iso recolle como actuacións subvencionables a instalación de ascensores, elevadores, salvaescaleiras e demais dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, dúplex ou vivendas unifamiliares que carezan deles.

As axudas financiarán tamén as actuacións preparatorias previas á presentación da solicitude de axudas, como os gastos derivados da tramitación administrativa, informes técnicos e certificados e honorarios dos profesionais, posto que á hora de realizar a solicitude é preciso presentar como documentación adxunta, por exemplo o proxecto ou memoria da actuación redactados, a licenza municipal de obra, no caso de precisala, ou a comunicación previa ao Concello.

A contía das subvencións será en todos os casos do 60% do gasto subvencionable e cun límites máximo que dependerán da tipoloxía da construción.

As comunidades de propietarios deben presentar a solicitude a través da sede electrónica (sede.xunta.gal). As persoas físicas, ademais, poderán presentalas en formato papel nas oficinas provinciais do IGVS ou a través do portelo único.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -