_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno inicia os trámites para levar a cabo a humanización da rúa Cervantes en Carril

Tal como estaba previsto, o Concello de Vilagarcía continuará co desenvolvemento do seu plan municipal de humanizacións cunha actuación no casco urbano de Carril, concretamente na rúa Cervantes. O goberno local vén de iniciar os trámites para levar a cabo esta actuación, para o cal na Xunta Local de Goberno celebrada esta semana acordouse adxudicar a redacción do proxecto á arquitecta vilagarciá Lucía Araújo Castiñeiras. Unha vez deseñada a actuación, as obras acometeranse a través dos fondos europeos do FEDER que, como se sabe, concedéronse para actuacións de desenvolvemento de cascos urbanos.
27.04.2018.- Lucía Araújo será a encargada de redactar o proxecto da primeira fase de da humanización da Rúa Cervantes e tamén de dirixir a obra. O importe do contrato por estes dous conceptos ascende a 10.545 euros.

O proxecto de humanización deberá atender aos obxectivos marcados polo Concello xa que con esta obra preténdese non so mellorar a estética desta céntrica rúa, se non facelo ademais baixo criterios de accesibilidade e buscando a dinamización social e comercial da zona. A maiores, e como en toda obra que desenvolve este goberno, aproveitarase a actuación para renovar as redes de saneamento e abastecemento.

A humanización da Rúa Cervantes, en Carril levarase a cabo case de forma simultánea coa de Vázquez Leis, en Vilaxoán. Ambos proxectos financiaranse cos fondos FEDER, aínda que no caso de Vilaxoán implementarase con fondos provinciais. Para a actuación de Vilaxoán xa existe unha memoria previa e en breve será adxudicada a redacción do proxecto.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -