_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello renova o colector de abastecemento en Pepín e Rúa Alta

O Concello de Vilagarcía iniciou hoxe unha nova actuación de renovación da rede de abastecemento municipal de auga potable. Os traballos beneficiarán aos veciños da Rúa Alta e Rúa Pepín e consistirán na substitución de 105 metros de colector de fibrocemento por outro de maior caudal e de PVC, garantindo así maior resistencia e durabilidade. Os traballos estaos a levar a cabo Espina e Delfín.
14.05.2018.- A renovación da rede neste tramo lévase a cabo tras as continuadas avarías que se sucederon durante a fon de semana, onde a vella tubaxe de fibrocemento rebentou en diversos puntos. En lugar de limitarse a reparar as avarías, o goberno local optou por aproveitar para levantar o colector nas mencionadas rúas e substituílo por un novo que garanta o correcto funcionamento do servizo e evite novas avarías.

Entre as dúas rúas, a lonxitude da tubaxe da suma 105 metros e os traballos inclúen a realización de 15 acometidas ao servizo. Calcúlase que as novas conexións estean rematadas esta semana e a reposición do firme realizaríase a vindeira, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

Esta obra súmase ás dúas levadas a cabo en abril en Cornazo e As Carolinas e que supuxeron a instalación de algo máis de medio quilómetro de novas tubarías. Estas actuacións beneficiaron as rúas Montiño de Paradela e Pumariño, en Cornazo e a rúa Blanco Amor, nas Carolinas.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -