_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Tropa Verde acampa na Praza de Galicia para incentivar a reciclaxe en Vilagarcía

O luns 21 de maio e o martes 22, coincidindo coas festas de Santa Rita, persoal da Tropa Verde levará a cabo en Vilagarcía unha nova fase da campaña medioambiental para incentivar a reciclaxe. Monitores da Tropa instalarán un posto na Praza de Galicia para animar aos cidadáns a que participen na campaña coa que poden conseguir diversos premios e descontos no comercio local e para informar dos correctos hábitos de reciclaxe dependendo do tipo de residuos, Ademais, repartirán agasallos entre a xente.
21.05.2018.- O punto informativo da Tropa Verde estará o luns e o martes na Praza de Galicia de 10 a 14 horas. Alí repartirán bolsas reutilizables co obxecto de diminuír o seu consumo. Con esta iniciativa preténdese ademais adiantarse e informar á xente sobre a nova lei que entrará en vigor dentro de pouco en España a partir do cal todos os establecementos comerciais terán que cobrar entre 5 e 30 centímos de euro polas bolsas de plástico. Trátase do Real Decreto que incorporará ao ordenamento xurídico español a directiva europea 2015/720 para reducir o consumo de bolsas de plástico en toda a UE.

Durante o reparto, tamén se entregarán chapas, flyers con información e estrelas (para acumular e trocar por gasallos e descontos) e aproveitarase para informar das vantaxes que ten formar parte da comunidade Tropa Verde.

265 usuarios en Vilagarcía e 65 establecementos

O proxecto Tropa Verde Vilagarcía segue a crecer con todas estas iniciativas. O obxectivo principal é concienciar á cidadanía da importancia da reciclaxe e da correcta xestión dos residuos, ao mesmo tempo que se tenta potenciar o comercio local. Para formar parte da Tropa Verde é preciso inscribirse a través da web tropaverde.org.

A día de hoxe Tropa Verde conta con 265 usuarios, 65 establecementos colaboradores que reparten premios e agasallos, e con máis de 60 premios repartidos dun total de 650 cheques repartidos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -