_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A nova instalación de pluviais nos Borrizos evita o encharcamento da vía e garante o fluxo de auga no lavadoiro

O Concello de Vilagarcía continúa ampliando e mellorando as redes de servizos básicos nas zonas do rural. A última actuación posta en marcha estase a levar a cabo na zona de Os Borrizos (Cornazo) e consiste na instalación dunha nova canalización de recollida de pluviais e na ampliación da rede de abastecemento de auga potable. Os traballos fináncianse con fondos propios e estanse a levar a cabo con man de obra municipal e, no caso do abastecemento, coa colaboración da concesionaria Espina y Delfín.
26.05.2018.- A maiores do beneficio quede por si supón dotar ou ampliar un servizo básico, estas dúas actuacións en concreto conlevan outros efectos positivos. No caso do novo tramo de pluviais, a actuación evitará a creación de bolsas de auga na estrada dos Borrizos, algo que acontecía sempre que chovía con certa intensidade e que elevaba os riscos na circulación viaria. A obra recolle e canaliza as augas da chuvia que antes escorregaban libremente e tamén as da fonte dos Borrizos, que se solía atascar e desbordar, e condúceas cara o lavadoiro próximo. Deste xeito garante o aporte de auga a esta construción popular e aténdese unha demanda veciñal.

A obra de ampliación da rede de abastecemento consistiu na instalación de uns 50 metros de nova canalización e permitirá que o centro sociocultural dos Borrizos e unhas casas das inmediacións poidan tamén conectarse á auga da traída municipal, posto que ata o de agora estaban a abastecíanse a través dunha traída veciñal dos mananciais de Lobeira.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -