_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Os traballos de reposición de lousas trasládanse ás beirarrúas da Avenida da Mariña e Celso Emilio Ferreiro

Vilagarcía de Arousa, 29 de maio de 2018.- Os operarios do servizo municipal de Obras e Servizos continúan estes días co desenvolvemento da campaña de reposición de lousas soltas das beirarrúas do municipio iniciada a principios do mes de abril. En concreto, esta semana os traballos chegarán a Avenida da Mariña e a Avenida de Cambados. Tamén se repasarán as beirarrúas das rúas Celso Emilio Ferreiro e Fariña Ferreño.
29.05.2018.- Os traballos que se están a levar a cabo dentro das labores periódicas de mantemento das rúas municipais consisten na reparación ou reposición de baldosas e lousas que estean levantadas ou se atopen en mal estado. Estas labores contribuirán tanto a mellorar e conservar as beirarrúas como a favorecer a accesibilidade dos peóns.

O Concello leva a cabo de forma periódica este tipo de traballos nas beirarrúas con obxecto de ir resolvendo os problemas e incomodidades que para os peóns supoñen as baldosas rotas, que poden provocar traspés, ou mesmo soltas e que acumulan auga debaixo que salpica ao pisalas. Para levar a cabo esta campaña, o Concello investiu 5.363 euros na adquisición de lousas para repoñer.

Antes desta semana, xa se levaron a cabo en varias rúas do centro urbano, como Arcebispo Xelmírez, Santa Eulalia, Arcebispo Lago, Alexandre Bóveda, Alejandro Cerecedo, Praza da Constitución, Edelmiro Trillo e parte da Avenida da Mariña, e tamén en rúas periféricas, como Alfredo Brañas (no Piñeiriño), Agustín Romero o una Praza San Miguel Trabanca Badiña. Tamén se repasaron zonas peonís como Rey Daviña, O Castro e Castelao.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -