_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
A liquidación do orzamento de 2017 volve a confirmar a boa saúde económica do Concello

A liquidación dos orzamentos municipais do ano 2017 volven a confirmar a boa saúde económica do Concello de Vilagarcía. O informe verifica o cumprimento dos obxectivos fiscais de regra do gasto, estabilidade orzamentaria e volume de endebedamento, que descende a niveis históricos do 25,7%. O executivo socialista que preside Alberto Varela apunta que “como nos anos anteriores deste mandato, as cifras seguen demostrando que cunha boa xestión é posible ter un Concello saneado economicamente sen deixar de prestar servizos e atender as necesidades dos vilagarciáns e da cidade”.
01.05.2018.- Entre datos positivos que recolle a liquidación do presuposto de 2017 están os 2,3 millóns de euros de superávit e os 2,4 millóns de remanente de tesourería, cifras obtidas pese a terse aumentado o gasto e os investimentos debido a que tamén se incrementou a porcentaxe de recadación pola posta en marcha das medidas de inspección e vía executiva Ademais, os fondos líquidos de tesourería a 31 de decembro de 2017 ascendían a 4,8 millóns de euros.

Un dos datos que mellor reflexa a boa evolución das contas municipais no que vai de mandato é o do nivel de endebedamento que por terceiro ano consecutivo volve a baixar, ata situarse no 25,7% (en 2016 estaba no 36,1%). A importancia desta porcentaxe queda patente polo amplo marxe de maniobrabilidade que lle garante ao Concello posto que se atopa moi lonxe do límite do 75% que a lei marca para que administracións locais podan contratar libremente novas operacións de préstamo, e máis lonxe aínda do 115% para o cal sebe contarse coa autorización da Xunta.

En número absolutos, a débeda municipal a 31 de decembro de 2017 ascendía a 6,9 millóns de euros, case a metade da que existía a 31 de decembro do ano 2015, que era de 12,7 millóns de euros.

A boa xestión económica do executivo socialista e as positivas cifras rexistradas nos últimos exercicios permitiu desprenderse en 2018, tres anos antes do previsto, do Plan de Axuste posto en marcha en 2011 polo anterior goberno e que impoñía grandes restricións no gasto e subidas anuais de taxas e impostos.

Como conclusión, a liquidación do orzamento de 2017 demostra que o Concello segue cumprindo o obxectivo a estabilidade presupostaria e os principios de programación, eficacia e eficiencia no gasto público no que prima a liña de acción social que caracteriza a xestión do goberno que dirixe Alberto Varela.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -