_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TRÁFICO
Comezan as obras para a instalación dos demandados semáforos na estrada de Bamio

Tras varios anos demandando a medida, os veciños de Bamio disporán este mesmo mes de xuño de semáforos para regular o cruce dos peóns no problemático cruce do Salgueiral. O Concello comezou esta semana os traballos de instalación dos equipos semafóricos cos que se resolverá un problema de inseguridade viaria nun punto complicado polo que atravesan moitos peóns debido a que alí se empraza a parada do transporte escolar é se atopa o centro de Formación Marítima. A administración local asume o custe íntegro da compra de material e instalación dos semáforos, cun orzamento de 18.000 euros.
06.06.2018.- Os operarios municipais comezaron onte os preparativos para colocar os semáforos. Estanse a construír as bases sobre a que se fixarán as columnas e tamén as canalizacións polas que irá o cableado eléctrico. Unha vez rematada a obra, procederase a acometer a instalación eléctrica e, por último, colocaranse e conectaranse os semáforos e pintarase o paso de peóns. A previsión é que a nova regulación semafórica estea en funcionamento cara finais deste mesmo mes.

A demanda de medidas de seguridade neste punto do Salgueiral é unha vella demanda dos veciños da zona que o executivo que preside Alberto Varela adoptou como prioritaria dende o principio do mandato. Tras varias conversas e reunións cos responsables de Estradas da Xunta, despois de barallar outras medidas, como a instalación de bandas de freado para reducir a velocidade dos vehículos, a administración autonómica veu con bos ollos a instalación dos semáforos como posible solución, aínda que non comprometía o gasto dos mesmos nin daba prazo concreto para facelo. Para non demorar máis a cuestión e por tratarse dun tema de seguridade viaria, o Concello ofreceuse a financiar a compra con fondos propios.

A medida conta coa autorización do departamento de Estradas da Xunta, que tamén informou sobre o emprazamento idóneo do paso de peóns regulado por semáforos, que se desprazou uns metros do inicialmente previsto para garantir a seguridade ao atoparse próximo a unha curva con escasa visibilidade.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -