_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Varela volve a trasladar á Xunta as demandas de Vilagarcía en materia de transportes e comunicación

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, volveu a reivindicar á Xunta de Galicia as xa vellas demandas de Vilagarcía en materia de transporte e comunicacións. Aínda que dende o Concello se solicitara unha entrevista coa conselleira de Infraestruturas, finalmente foi o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, quen recibiu ao rexedor e á concelleira de Urbanismo, Paola María. Os temas abordados, foron a inclusión de Vilagarcía e a súa comarca no Plan de Transporte Metropolitano –petición xa trasladada á propia conselleira en novembro-; a colaboración da Xunta para ampliar os servizos do autobús ao hospital e a construción de beirarrúas en Bamio.
06.06.2018.- En relación á inclusión de Vilagarcía e a súa comarca no Plan Metropolitano de Transporte- medida que suporía grandes beneficios para os veciños da zona en canto á mellora dos transportes e redución de presos dos billetes de transporte público para colectivos como a mocidade- Tourís simplemente remitiuse aos traballos de elaboración do Plan de Transporte que a Xunta vai a poñer en marcha coa previsión inicial de que entre en vigor en 2020.

O Concello de Vilagarcía volveu a insistir na necesidade de que a Xunta colabore economicamente para poder ampliar o número de servizos do hospital ao Salnés posto que a administración local leva un ano financiando os servizos de mañá e a idea era que a Xunta contribuíse para poder poñer servizos de tarde. Tamén en cuestión de transporte público, o rexedor demandou da consellería de Infraestruturas a revisión das actuais liñas de autobús urbano en Vilagarcía e a súa adaptación as novas condicións e necesidades da cidade. As liñas en vigor son as mesmas dende hai décadas e non teñen en conta as peonalizacións e necesidades de servizos dos usuarios. A responsable de Tourís para ambos temas foi similar: esperar aos traballos de elaboración do Plan de Transporte rexeitando a posibilidade de adoptar antes diso algunha medida que puidera mellorar estes dous servizos.

Por último, Paola María comentou que o proxecto de construción de beirarrúas na estrada de Bamio leva moito tempo parado. Tense coñecemento de que Carreteras xa redactou o proxecto de obra pero non existe compromiso de realización. Neste punto, o delegado territorial dixo que se interesaría pola actuación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -