_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SANIDADE
Os escolares expoñen a súa visión sobre os falsos mitos do consumo de alcohol na exposición “TBO e non che creo!”

A zona do vestíbulo da Casa de Cultura de Vilagarcía acolle ata o 23 de xuño a exposición de carteis elaborados polos alumnos que participaron ao longo do ano nas actividades e obradoiros organizadas pola área de prevención do SPAD de Vilagarcía. Baixo o título, “TBO e non che creo!”, os escolares expresan mediante debuxos as súas reflexións sobre o consumo de alcohol e os falsos mitos asociados a esta práctica.
07.06.2018.- A exposición está composta de 13 carteis e na súa elaboración participaron un total de 260 alumnos e alumnas de 5º de Primaria e 13 docente de 9 centros educativos (A Escardia, A Lomba, Anexo a Lomba, Arealonga, O Piñeiriño, Rubiáns, Sagrada Familia, San Francisco e Vilaxoán).

O alumnado que elaborou os carteis participara previamente nos 12 obradoiros englobados dentro do Programa "TBO" e non che creo!" de intervención socio educativa. Este programa versa sobre a prevención do uso/abuso de alcohol, en el traballaron contidos en relación cos efectos/consecuencias do abuso de alcohol e os mitos ou crenzas erróneas.

Lixeiro descenso do consumo de alcohol entre adolescentes

Segundo a última Enquisa sobre Uso de Drogas en Ensinanzas Secundarias en España (ESTUDES 2016-17) do Plan Nacional sobre Drogas, a prevalencia do consumo de alcohol entre os adolescentes e mozos/as, aínda que amosa un lixeiro descenso respecto ao ano 2014, segue sendo moi elevada. O 76,9% dos estudantes entre 14-18 anos probaron o alcohol algunha vez na vida; o 75,6% consumiron no último ano e o 67% no último mes. A idade media do inicio no consumo é de 14 anos.

O 31,7% dos escolares consumiron alcohol en forma de “atracón” (binge drinking: consumo intensivo nun corto período de tempo) nos últimos 30 días. Este patrón de consumo aumenta coa idade e o practica unha porcentaxe maior de rapazas que de rapaces aos 14 e 15 anos.

O 21,8% dos estudantes de secundaria emborrachouse no último mes, con maior porcentaxe de borracheiras nas mozas que os mozos.

O grupo de idade entre 14-17 anos, aos que a lei prohibe venderlles ou subministrarlles alcohol, afirma que o conseguen nun 34,9% dos casos.

O consumo de alcohol forma parte da nosa cultura, sendo a droga máis consumida no noso pais e da que se ten unha percepción de risco ou perigo máis baixa (só un 56,1% pensa que tomar 5 ou 6 copas un fin de semana supón un risco). Desde idades temperás escoitamos e interiorizamos diversos mitos e falsas crenzas sobre os posibles beneficios asociados ao seu consumo.

A través deste Programa queremos incidir nas idades previas ao inicio do consumo de alcohol co obxectivo de modificar a percepción de normalidade do consumo, incrementar a percepción de risco, modificar a percepción normativa do grupo e eliminar as crenzas erróneas ou mitos en relación ao uso do alcohol.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -