_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O alcalde recolleu as bandeiras azuis das praias do Campanario e Preguntoiro

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, recibiu onte as dúas bandeiras azuis que ondearán este verán nas praias do Campanario (Bamio) e O Preguntoiro (Vilaxoán). O rexedor acudiu ao acto oficial de entrega dos galardóns concedidos pola ADEAC acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Lino Mouriño. O evento tivo lugar na coruñesa praia de Riazor. Nos vindeiros días, as enseñas serán izadas nos areais vilagarciáns.
13.06.2016.- As bandeiras azuis son un símbolo e un estándar mundial de ecocalidade turística, recoñecido e apoiado polos organismos das Nacións Unidas. A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) é o organismo autónomo e independente que se encarga a nivel mundial de comprobar se os areais e instalacións cumpren cos requisitos de calidade e servizos que se precisan para obter o galardón e de concedelos anualmente.

A renovación das dúas bandeiras azuis refrenda o traballo que está realizando o Concello a nivel medioambiental e de mantemento para seguir elevando a calidade das augas mediante actuacións no saneamento e coa mellora dos areais e as súas contornas, como coa renovación do paseo marítimo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -