_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Artistas galegos e locais comparten cartel nas festas de San Roque con grupos nacionais e grandes orquestras

O apartado musical das Festas de San Roque xa está practicamente pechado. O cartel deseñado pola Concellería de Cultura deseñouse sobre dúas premisas: tratar de cubrir estilos e gustos diferentes e para distintos colectivos de idades e combinar a presenza de consagrados músicos do panorama nacional coa actuación de artistas locais e do resto de Galicia. Así, Xunto a Tequila ou Diego “El Cigala” comparten cartel Milladoiro, Fredi Leis ou a Banda de Música de Vilagarcía, entre outros. Por suposto, todas as actividades serán gratuítas e mantense a tradición das verbenas populares con tres grandes orquestras.
10.07.2018.- Todos os concertos celebraranse no escenario do Parque da Xunqueira. O programa musical abrirase o día 10 de agosto coa actuación do galego Fredi Leis, unha das grandes promesas da canción de autor renovada. Despois de ter xirado por salas de toda España e de ser teloneiro en xiras de Alejandro Sanz, Malú y Rozalén, Fredi ven de sacar o seu segundo disco “Neón” producido polo recoñecido produtor nacional Juan de Dios.

O día 11 de agosto pasará pola Xunqueira Diego el Cigala co seu último traballo discográfico que leva por título “Indestructible” e no que dará mostra da seu particular flamenco de fusión.

O seguinte día, a música tradicional galega será a protagonista da noite vilagarciá coa actuación dos míticos Milladoiro, actuación promovida a través do ciclo Musigal que promove a Deputación Provincial coa colaboración do Concello de Vilagarcía.

O día 13 terá lugar o tradicional concerto da Banda de Música de Vilagarcía, unha cita fixa no programa das festas patronais, que para esta ocasión actuará con academia musical Coda. O día 14 o mítico grupo Tequila fará brincar a todos os amantes da música pop rock cos mellores éxitos da súa longa carreira iniciada na década dos 80 nos tempos da Movida Madrileña.

Sen dúbida, un dos momentos musicais máis emotivos das Festas de Sam Roque dete ano producirase o propio día do patrón, o 16 de agosto, co merecido homenaxe a Manolo Suárez, tamén coñecido momo Manolo Lasa, que lle realizarán os seus ex compañeiros do grupo Los Duendes.

Dulce Pontes, Davide Salvado e Cristian Silva

Seguindo co apartado local, o día 17 o músico galaico arxentino afincado en Vilagarcía, Juan Carlos Cambas, ofrecerá un concerto moi especial no que contará co atractivo engadido da intervención de artistas invitados da talla de Dulce Pontes, Daniel Casares e Rosa Leiro, Davide Salvado, Cristian Silva e Margarita Guerra.

Pero, a maiores dos co0ncertos da Xunqueira, a música soará polas rúas de Vilagarcía durante as festas. O Día 15 de agosto haberá unha Batucada a que cree ambiente e anime as rúas durante a previa á Festa da Auga mediante os sonoros ritmos dun grupo de percusión. E os integrantes do Coro Encaixe, que ven de recibir o Premio Martín Códax da Música 2018, percorrerán as rúas do centro o día 18 de agosto animando a festa coas súas interpretacións corais de temas actuais e tradicionais.

Por último, os afeccionados ás verbenas terán tamén as súas citas. Serán na Avenida da Mariña os días 9, 13 e 18 de agosto e estarán amenizadas por tres potentes orquestras: Marbella, New York e Gran Parada respectivamente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -