_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
INFRAESTRUTURAS
Rubiáns contará cun remozado centro cultural dende mediados de agosto

Os veciños de Rubiáns desfrutarán dende mediados de agosto dun remozado centro sociocultural, no que se están investindo máis de 65.000 euros en arranxar as deficiencias detectadas polos usuarios e expresadas a través da asociación cultural e veciñal O Souto. O alcalde, Alberto Varela, e os concelleiros de Urbanismo, Paola María, e de Obras e Servizos, Lino Mouriño, visitaron hoxe os traballos, a última hora da mañá, na compaña do presidente de O Souto, o técnico director da obra e os responsables da empresa Ecomir, adxudicataria das obras.
12.07.2018. Cabe lembrar que ademais deste investimento, o Concello destinará outros 20.000 euros en renovar o sistema de calefacción e auga quente a través da instalación dunha bomba de biomasa, o que redundará nunha mellor eficiencia enerxética e na redución da factura eléctrica. Paralelamente, o Concello está a desenvolver tamén, esta vez con medios propios, o xardín de camelias baixo a "alameda" que une o centro sociocultural co adro da igrexa.

Basicamente, a principal actuación do proxecto consiste na reparación integral da cuberta e canalóns polos que se filtraba auga ao interior do edificio, para o cal se substituirán os elementos danados polo temporal do pasado inverno. Co mesmo fin se instalan "recercados" exteriores en toda a carpintería da fachada suroeste. Ademais, se reparan os revestimentos e acabados exteriores en teito e vestíbulo –en mal estado polas filtracións procedentes da cuberta- e xa no interior do centro se arranxan os falsos teitos e as paredes que tamén se viron afectadas polas humidades.

Complementariamente, se repararán as luminarias exteriores e interiores e prevese a instalación de reixas nalgunhas das fiestras exteriores co obxecto de impedir o acceso e furtos que se estaban a rexistrar cada certo tempo no centro cultural.

Hoxe, trala visita ao centro, decidiuse introducir algunhas melloras, é o caso da carpintería interior e algúns detalles que teñen que ver coa estética exterior do edificio, que tamén se dotará dun rótulo identificador que seguirá a mesma liña da xa aplicada recentemente ao centro de Sobradelo, con letras corpóreas.

Tanto os técnicos como os responsables da empresa adxudicataria expresaron o seu convencemento de que as obras estarán rematadas a mediados de agosto. Pola súa banda, o alcalde incidiu en que esta actuación se enmarca nun plan de mellora de todos e cada un dos centros socioculturais. "A rede é moi extensa, con unha vintena de centros, polo que non podemos actuar en todos á vez, pero esta é a demostración de noso compromiso coas asociacións veciñais e culturais das parroquias: de xeito gradual verase que imos actuar en todos".
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -