_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Comezan a funcionar os autobuses nocturnos ata o final do verán

Dende esta semana os veciños e visitantes xa se poden beneficiarse da extensión do servizo de buses urbanos na liña Vilaxoán-Vilagarcía-Carril, é dicir, o percorrido da liña de costa que une as tres vilas, grazas ao convenio establecido entre o Concello e a concesionaria Benito Abalo (que absorbeu a Autobuses Pereira). Deste xeito, de luns a venres, o horario de noite funcionará de 22:40 a 01:10 da madrugada.
13.07.2018. Pero ademais, e como xa se fixera o ano pasado, o servizo será ampliado ata as 03:00 horas cando coincida con festas ou eventos sinalados. O festival internacional de blues, Vilablues, será quen estree o servizo, hoxe e mañá, sábado 14. A seguinte data serán as festas do Apóstol no Carril (noite do 24 –martes- para o 25). Logo virán o Carme (21 e 22), San Roque de Vilagarcía (10, 11,e 12), o Festival de Revenidas (17, 18 e 19) e a Noite Meiga (25). En setembro haberá un só día que o servizo chegue ás 3 da mañá, será o día 1 –sábado-, coincidindo co Ameixa Rock.

Con esta medida, o goberno de Alberto Varela pretende, por unha banda, mellorar a seguridade dos veciños e visitante; por outro, alixeirar a circulación de vehículos nunhas datas na que a cidade recibe milleiros de persoas; e, por último, e non menos importante, promover o uso dos medios de transporte públicos. Cabe lembrar, neste sentido, que en todos eses días funcionará tamén o servizo de préstamo de bicicletas Vaibike!
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2018  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -