_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello promove un plan de emprego que conta con empresas da zona para contratar aos alumnos formados

O Concello de Vilagarcía pretende poñer en marcha este ano un novidoso Obradoiro de Emprego que, ademais de combinar a formación coa experiencia laboral de desempregados, implica ás empresas locais na posterior contratación do alumnado ao remate da etapa formativa. A Área de Emprego da Concellería de Promoción Económica conta xa con 20 compromisos para contratar durante 3 meses aos alumnos, unha vez rematen os 9 meses de formación no obradoiro. Para incentivar a colaboración, contouse dende o primeiro momento coa iniciativa privada, adaptando os plans formativos ás necesidades profesionais indicadas polos propios empresarios.
16.07.2018.- O obradoiro dual FORME 2018 consta de dúas especialidades orientadas ás necesidades do actual mercado laboral na cidade e do propio Concello: carpintería e moble e Promoción turística e información ao visitante. Para deseñar o temario, o departamento que dirixe Juan Antonio Pérez Callón convocou en varias ocasións a empresas locais e da zona dos respectivos sectores co obxecto de que indicasen os traballos e funcións que máis demandan, de modo que a formación a dar ao alumnado do obradoiro, se centrase nelas, e con elo, conseguir a posterior colaboración das empresas para a posterior contratación dos participantes. Neste momento cóntase co compromiso para 20 contratacións, concretamente, o mesmo número de prazas coas que contará o FORME 2018.

O proxecto do Obradoiro dual de emprego xa foi presentado á Xunta de Galicia, á que se lle solicita unha axuda de 318.807 euros, para os eu desenvolvemento, suma á cal o Concello engadiría outros 20.000 euros. De aprobarse a axuda, a selección do alumnado faríase a través do Servizo Público de Emprego entre os desempregados de 18 ou máis anos de idade anotados nas listas de emprego e que cumpran os perfís solicitados.

A formación teórico e práctica do FORME terá unha duración de 9 meses, nos cales os alumnos terán un contrato para a formación e aprendizaxe co Concello de Vilagarcía percibindo as retribucións salariais correspondentes. Posteriormente, e tras a pertinente avaliación, o alumnado terá acceso ao programa de inserción para acceder aos contratos de 3 meses coas empresas concertadas.

Cada módulo contará con 10 alumnos. Na especialidade de carpintería e moble, ademais da formación , o alumnado fará prácticas laborais realizando para o Concello diversas obras de utilidade social e colectiva. No caso da especialidade de carpintería e moble consistirán na elaboración e mantemento de mobiliario para a revalorización dos espazos públicos naturais e urbanos en instalacións de titularidade municipal. E no caso do módulo de Promoción turística local e información ao visitante, o alumnado fará prácticas para a administración local centradas na promoción turística do Concello, centrándose especialmente na posta en valor dos recursos naturais e patrimoniais do municipio en xeral e facendo fincapé na ruta marítimo fluvial do Camiño de Santiago e na ruta de peregrinaxe do Padre Sarmiento.

Requisitos de acceso e preferencia

Ademais de estar inscritos como demandantes de emprego nas listas do Servizo público de Emprego de Galicia, o requisito para poder participar no FORME 2018 son ter 18 ou máis anos de idade. Terán preferencia os desempregados de colectivos con dificultades de inserción tales como menores de 30 anos, emigrantes retornados, mulleres en xeral e mulleres vítimas de violencia, desempregados que esgotasen as prestacións ou subsidios por desemprego, parados de longa duración, maiores de 45 anos, persoas sen estudios universitarios ou ciclos superiores -excepto nos casos nos que se requira-, persoas con discapacidade que poidan realizar os traballos para os que se recibe formación e desempregados en risco de exclusión social.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2018  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -