_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
O Concello adxudica ao Banco Sabadell o préstamo de 1.130.000 euros incluído no orzamento de 2018

O Concello de Vilagarcía adxudicou onte a suscrición do crédito por importe de 1.130.000 euros incluído no presuposto municipal de 2018. A operación bancaria adxudicouse ao Banco Sabadell por ser a súa a oferta máis vantaxosa das cinco entidades que se presentaron ao concurso. A finalidade dos fondos destinarase case na súa totalidade sufragar os investimentos recollidos no plan de investimentos a financiar integramente polo Concello e que se complementarán con outras inversións con cargo ao programa europeo Vilagarcía Avanza e aos fondos provinciais.
17.07.2018.- As condicións do crédito co Sabadell inclúen a amortización nun prazo de 10 anos a un tipo de interese do Euribor trimestral máis o 0,31% e non ten período de carencia, polo que comezará a pagarse de inmediato, unha vez se asine a operación e o Concello dispoña dos fondos. Con esta operación de crédito incluída, o endebedamento do Concello de Vilagarcía para o presente exorcizo de 2018 queda a un nivel moi baixo, do 33,18% segundo indican os informes técnicos que acompañan ao proxecto orzamentario.

Os investimentos que levan maior partida deste préstamo son as obras de accesibilidade (200.000 euros), de saneamento (150.000) e de restauración do patrimonio natural e cultural. Tamén se destinan 115.000 euros ao plan anual de acondicionamento de centros socioculturais e veciñais e 93.000 a actuacións de acondicionamento do medio rural. Outra das partidas máis importantes é a destinada ao pago do xustiprezo dos terreos de Porto Rey na Avenida Rivero de Aguilar (195.000 euros).

Para o subministro de xogos e materiais para o plan anual de parques infantís resérvanse 50.000 euros igual que para a instalación dun sistema de aire acondicionado na segunda planta do consistorio. E 5.000 euros terán como finalidade a adquisición de novas motocicletas para o servizo de notificacións.
Para o apartado de Policía Local e seguridade viaria destínanse 39.286 euros, dos que 31.000 permitirán a adquisición de máis chalecos antibalas, mentres que 18.185 serán para a compra de semáforos e sinalización diversa e outros 18.000 para un radar móbil de control de velocidade.

Para actuacións de eficiencia enerxética en instalacións municipais e vías públicas resérvanse 15.943 euros e 6.000 para o subministro de nova iluminación para a explanada do Auditorio municipal. O Conservatorio Municipal de Música disporá de 6.500 euros deste préstamo co obxecto de comprar novo material (3.500 euros) e para a realización de pequenas obras (3.000).

Por último, 9.985 euros do préstamo serán para executar a achega municipal anual do proxecto Agader e 16.380 para o pago da compra ao Estado do anaco de terreo situado baixo o balcón-miradoiro do Balneario da Praia Compostela.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -