_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello estenderá a rede de saneamento ata o pequeno grupo de vivendas de Pedra Mogueira

O Concello de Vilagarcía estenderá a rede municipal de saneamento ata un pequeno grupo de vivendas situadas no punto máis alonxado do lugar de Pedra Mogueira. A obra, demandada polas media ducia de familias que habitan esta zona presenta unha importante complicación debido á complicada orografía da zona situada no alto de Renza. Asía todo, o executivo socialista atenderá a petición veciñal para o cal a Xunta Local de Goberno adxudicou hoxe a realización do estudio topográfico do entorno.
23.07.2018.- A empresa Oftefor será a encargada de levar a cabo as medición topográficas necesarias para posteriormente redactar o proxecto. Este estudo é imprescindible nun entorno con tantas diferenzas de cota, ás que haberá que adaptar a rede de saneamento a instalar e para prever pos puntos nos que deberán instalarse os bombeos para impulsar correctamente as augas residuais polas canalizacións.
A complexidade da obra suporá tamén un custe importante para a súa execución, aínda que para saber o importe exacto haberá que esperar á redacción do proxecto.

Coa planificación desta actuación, o goberno que preside Alberto varela continúa con plan de mellora e ampliación da rede municipal de saneamento, un servizo básico no que no último mandato se levan investidos grandes sumas de cartos debido a ás deficiencias e carencias que presentaba a instalación despois de anos sen terse acometido obras de modernización ou de adaptación as novas necesidades creadas polo crecemento demográfico.

Coa actuación en Pedra Mogueira verase atendida unha demanda que os veciños desta zona do rural levaban anos demandando.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -