_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
FESTAS
A maxia, acrobacias e humor do Festiclown dominará un sábado ao que El Cigala porá o colofón na Xunqueira

O primeiro sábado das festas de San Roque 18 estará marcado por unha intensa actividade de animación de rúa no centro da cidade ao longo de todo o día e ao que Diego, El Cigala porá o colofón musical no concerto gratuíto da Xunqueira. O cantaor flamento sorprenderá ao público co seu disco “Indestructible”, de forte inspiración latina e no que inclúe temas de son cubano, salsa, tangos ou bossa nova. Pero antes, dende as 11 da mañá, números de maxia, acrobacias, humor, pallasos, zancudos e demais espectáculos circenses tomarán as rúas pola mañá, pola tardiña e cara a noite grazas ao Festiclown. A animaicoón máis tradicional correrá da man dos grupos de gaitas San Pedro de Cea e Froallo e na Praza da II República continúa Expoferta.
AXENDA SÁBADO 11 AGOSTO

11:00 – Praza de Galicia
Festiclown – Social
Exposición de entidades locais sobre a risa

11:00 – 14:30 | 17:30 – 23:00
Feira de oportunidades, Expoferta Zona Aberta 2018
Organiza: Asociación de comerciantes Zona Aberta
Explanada do Auditorio

12:00 e ás 19:00 – Rúas de Vilagarcía
Festiclown -Desclowntrol nas rúas
Espectáculo: Animacreques
Compañía: Catropés
A partir da técnica circense dos zancos e o virtuosismo da danza xorde esta proposta de animación e intervención da rúa da compañía Catropés. "Animacreques" é un xogo visual que permitirá ao público participar e gozar desta peculiar relación entre monicreque e monicrequeira.
Ánxela Blanco e Vanessa Rivas (Catropés) propoñen un xogo visual que permitirá ao público participar e gozar desta peculiar relación entre monicreque e titiriteira.

12:30 – Rúas da cidade
Pasacalles
Grupo de Gaitas e Baile San Pedro de Cea

13:00 – Rúa Alcalde Rey Daviña, esquina Valentín Viqueira
Festiclown – Superroquiños
Espectáculo: Código
Compañía: Dani García
"Código é un espectáculo de rúa, pensado para que persoas de calquera idade poidan participar e gozar. Unha hora de maxia inventiva e persoal na que seguro os aplausos estarán acompañados das risas e as bocas abertas.
“Código”: dise da combinación de letras, números ou caracteres que nos permiten formular e descifrar mensaxes que doutro xeito permanecerían ocultos. O código lingüístico posibilítanos a comunicación coas demais persoas. Pero… Que pasaría se perderamos ese código? Ou se nos atoparamos con persoas que usan outro diferente? Sería posible comunicarnos dalgún xeito?

20:00 – Praza do Castro
Festiclown – Certame Intergaláctico
Espectáculo: Código
Compañía: Dani García

20:30 – Rúas da cidade
Pasacalles
Agrupación Folclórica Froallo de Vilagarcía

21:30 – Praza de Galicia
Festiclown – Mostra Internacional
Espectáculo: Mundos de Papel
Compañía: Vol é Temps
Mundos de Papel é unha historia perturbadoramente divertida, tenra e trepidante, que combina con humor e espontaneidade técnicas de circo, teatro e danza, no que os espectadores son testemuñas de excepción dun continuo ir de aquí para alá, onde nada é o que parece e todo parece o que é.
O espectáculo da compañía Vol’e Temps relata a historia dun home que, só e abandonado, perecorre os corredores baleiros dun lugar que antigamente estivo cheo de vida estraña e axitada. Agora só quedan os soños dos seus antigos anfitrións.

23:00 – Parque da Xunqueira
Diego, El Cigala
Preséntanos o seu último traballo “Indestructible”
Formado no flamenco, Diego, artista inquieto e curioso onde os hai e habituado aos grandes retos, constrúe a súa carreira co difícil logro de ser premiado entre outras distincións con varios Latin Grammy polas súas incursións en xéneros que non son o seu, como música tropical ou tango arxentino. O intérprete do mítico Lágrimas Negras xunto a Bebo Valdés estará en Vilagarcía co seu traballo Indestructibles nominado no 2017 aos Grammy Latinos.
Colaborador dunha infinidade de artistas como Paco de Lucía, Tomatito, Raimundo Amador, Josemi Carmona, Jerry González…
Dos seus encontros con músicas caribeñas Diego toma contacto desta vez coa salsa. Nesta busca visitou Cali (Colombia), San Juan (Puerto Rico), La Habana (Cuba), Punta Cana (República Dominicana) Nueva York e Miami (Estados Unidos) gravando parte do álbum en cada destino, para acabar viaxando ao Sur de España, Jerez de la Frontera a culminar o seu proxecto cos engadidos de guitarra, coros, caixón e palmas flamencas.
Como parte deste intercambio cultural Diego tivo a oportunidade de contar co talento de Oscar D´Leon, Bobby Valentín, Larry Harlow, Roberto Roena, Eddi Montalvo, Nicky Marrero, Jorge Santana, Gonzalo Rubalcaba, los Muñequitos de Matanza, Luis Perico Ortiz, Horario el Negro, José Aguirre, Diego del Morao, etc… Estes son algúns dos máis de 70 músicos de distintas nacionalidades que achegaron a súa esencia a indestructible.
Indestructible porque o tempo nunca poderá borrar o legado e a riqueza musical da salsa, un xénero que nos demostra que non existen as fronteiras.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2018  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -