_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Aviso de cortes de rúas durante o día de San Roque e recomendacións de tráfico e aparcamentos

Con motivo dos distintos eventos multitudinarios que se desenvolverán en Vilagarcía o xoves, 16 de agosto, día de San Roque, a Policía Local informa de que cortaranse ao tráfico numerosas rúas do centro da cidade e eliminaranse os estacionamentos nesas mesmas zonas. En previsión destas circunstancias, na medida do posible recomendase evitar circular polo centro da cidade, utilizando as circunvalacións norte e sur. En canto ao aparcamento, recomendase utilizar os estacionamentos gratuítos disuasorios habilitados polo Concello en distintos puntos do municipio, tanto no centro como na periferia. Para os desprazamentos dende outras localidades, recoméndase desprazarse en tren, xa que Renfe ofrece servizos extraordinarios para a Festa da Auga.
Aparcamentos restrinxidos e cortes de rúas:

SUBIDA DO SANTO con percorrido por Praza de España, rúa Edelmiro Trillo, rúa Padre Feijoo, Praza da Independencia, rúa San Roque ata a capela (cruce con Ramón Cabanillas incluído). Se non se utiliza a circunvalación, tal como é recomendable, o tráfico que entre pola Avenida das Carolinas cara Rosalía de Castro deberá desviarse na rotonda da Porta da Luz Salgada cara Rodrigo de Mendoza e dirixirse cara Valle Inclán e Rivero de Aguilar, ou altura do Ambulatorio de San Roque por Marxión con saída á Juan Carlos I.

FESTA DA AGUA:
Comezará xusto ao rematar a subida do Santo e ocupará las mesmas rúas, que permanecerán pechadas ata que as condicións de ocupación peonil permitan abrir o tráfico rodado con seguridade.

PROCESIÓN SOLEMNE:
Ás 21.00 horas, pecharase ao tráfico rodado o percorrido seguinte, que estará libre de vehículos dende a mañá: Saída da Capela pola rúa San Roque, Praza da Independencia, rúa Padre Feijoo e rúa Edelmiro Trillo, para terminar na Praza de España.

A Policía advirte de que os horarios poden sufrir lixeiras variacións e as rúas abriranse ao tráfico en canto sexa posible.

ESTACIONAMENTOS DISUASORIOS GRATUÍTOS:

- Fexdega – Rodrigo de Mendoza (Párkins dianteiro e traseiro).
- Finca Douro en Rodrigo de Mendoza.
- O Ramal.
- A Escardia.
- Marxión ( na subida dos Xardíns Doutor Fleming).
- Os Duráns.
- A Golpelleira no barrio da Torre (ao pasar a estación de autobuses).
- O Piñeiriño e Avenida de Cambados.
- Carril na Avenida Rosalía de Castro, nas inmediacións do instituto.

Ademais, existe a posibilidade de utilizar os párkings privados de Praza de Xoán XXIII, Praza de España e Cavadelo.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -