_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Arousa Moza “Inspira Vilagarcía” cos creadores noveles e actividades infantís para coñecer o patrimonio local

O colectivo xuvenil Arousa Moza desenvolve esta fin de semana en colaboración coa concellería de Xuventude de Vilagarcía un intenso programa destinado a incentivar a actividade dos creadores novos locais e a promover o coñecemento do patrimonio histórico e natural do municipio entre a xuventude. O proxecto “Arousa Inspira”, que conta actividades infantís e tamén para a mocidade, desenvolveranse o venres e o sábado e, aínda que percorrerán diferentes espazos da cidade, terán como epicentro o Parque da Xunqueira.
21.08.2018.- O proxecto consistirá nunha xornada de dous días (venres 24 e sábado 25 de agosto) nos que se combinarán artes máis tradicionais como a pintura, fotografía e poesía con outras alternativas como o rap e bailes modernos, sendo o patrimonio arousán o nexo de unión coa realización das actividades en parques da cidade de Vilagarcía de Arousa.

O primeiro día estará dedicado aos máis cativos e consistirá nunha busca do tesouro con paradas en parques da cidade e outros lugares de interese patrimonial nos que se lles explicará a denominación e importancia dese lugar, monumento, etcétera e se levará a cabo algunha actividade ou xogo en relación ao lugar e no que se requira tanto a creatividade como o traballo en equipo.

Con esta actividade búscase incrementar o interese dos rapaces arousáns polo patrimonio así como que gocen dun día diferente aprendendo cousas novas sobre a súa cidade e a importancia do traballo en equipo.
A gynkana é gratuíta e poderán participar rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos, previa inscrición na carpa que se instalará o mércores na Praza de Galicia, a través do correo electrónico arousamoza@gmail.com ou do facebook e instagram da asociación.

O segundo día consistirá en concursos, exhibicións e mostras artísticas co tema en común do patrimonio cultural, histórico e medioambiental da ría de Arousa e levarase a cabo no céntrico e coñecido parque da Xunqueira. Alí, ao longo de todo o día, exporanse as poesías e fotografías recibidas con anterioridade e levaranse a cabo en directo exhibicións de pintura e danza. Para rematar, farase un concurso de improvisación de rap e daranse a coñecer os gañadores dos certames restantes.

Co evento do sábado o que buscamos é que todos aqueles que teñan inquedanzas artísticas poidan mostralas ao resto dos cidadáns e por iso abarcamos un bo número de disciplinas artísticas onde de seguro todo o mundo encontrará o seu oco e o que máis lle interese.

A idea de mesturar artes máis tradicionais con alternativas débese ao poder de atracción destes últimos na mocidade e que consecuentemente coñezan tamén as máis tradicionais, xa que en todo momento compartirán o espazo do parque. Deste xeito tamén potenciamos a colaboración duns artistas con outros nun ambiente cultural, educativo, lúdico e festivo.

Outro dos puntos fortes é a presenza dun coñecido rapeiro a nivel internacional que de seguro espertará a curiosidade dun montón de mozos e mozas e arrastrará unha maior influencia a este evento.

ACTUACIÓNS DO SÁBADO 25 DE AGOSTO NA XUNQUEIRA

19:00 h. Fabio Bum Rap
19:30 h. Gersio, Was & Mavdba
20:10 h. Alexandra Pérez
20:30 h. Sondarúa
21:00 h. Ricky Hombre Libre
21:30 h. Competición Freestyle3
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -