_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello derribará a casa que estrangula o acceso ao barrio da Torre na curva da Golpelleira

O ensanche do acceso ao barrio de A Torre que o Concello tiña proxectado dende hai un tempo verase finalmente ampliado coa completa eliminación da perigosa curva da Golpelleira. Para lograr esta necesaria actuación, o Concello chegou a un acordo para adquirir e derribar a casa que invade a calzada nesta curva. A medida permitirá dar continuidade ao proxecto inicial de ensanche da calzada co retranqueo do muro que discorre na marxe oposta ao pazo da Golpelleira, e que tiña que rematar de forma abrupta ao toparse coa edificación. O derribo da mesma aportará seguridade a un punto negro da rede viaria municipal, ao eliminar o pescozo de botella sen visibilidade que se forma na curva desta angosta vía sen beirarrúas.
05.10.2018.- O goberno local de Vilagarcía preferiu pechar a negociación coa propiedade para poder realizar o proxecto completo de ensanche da vía e executar a obra nunha soa fase. A compra da vivenda abandonada e da pequena superficie que a rodea pechouse por 10.000 euros que o Concello financia con fondos propios. O contrato de compra-venta formalizarase en próximas datas.

Para ir adiantando trámites e non demorar máis esta necesaria actuación de seguridade viaria e antiga demanda dos veciños da Torre, a Xuntan Local de Goberno acordou a semana pasada adxudicar o proxecto de demolición a Fernando Puceiro Bouzas, o mesmo arquitecto que firma o proxecto da obra de ensanche da vía, que xa está modificado coa nova aportación de apertura da curva. O custe total da obra ascende a uns 110.000 euros que o Concello financiará con remanentes das obras do Plan Provincial de 2018. Neste orzamento inclúese o derribo da casa, o retranqueo do muro, o ensanche, da vía, a canalización do tendido eléctrico, instalación de 4 báculos de luz, a construción de beirarrúa nunha das marxes e a pavimentación da calzada.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -