_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Os grandes cedros da Independencia gañan protagonismo coa retirada de cinco camelios

Os grandes cedros que se elevan na Praza da Independencia gañarán protagonismo na nova configuración que o Concello dará á esta céntrica zona verde de Vilagarcía coas obras de humanización que están a piques de comezar. O primeiro paso neste sentido consistiu na retirada dos cinco camelios situados a carón e baixo as copas dos cedros, co obxecto de realzar o porte e a presenza destas grandes árbores de folla perenne. Os camelios serán transplantados no parque da Compostela, concretamente na zona do labirinto que tamén se está acondicionando.
05.11.2018.- O persoal do servizo de Xardíns do Concello comezou esta mañá o levantamento dos camelios, traballos que se levaron a cabo de xeito minucioso para garantir a conservación das raíces que permitan a súa replantación.

A retirada dos camelios é unha actuación de clareo que responde á necesidade de desconxestionar a zona verde na que as pequenas árbores plantadas no seu día medraron tanto nas últimas décadas, que na actualidade dan unha sensación de agolpamento sen orde. De feito, nas actuais condicións, con exemplares de porte importante situados moi próximos uns de outros, impiden que árbores e arbustos continúan medrando con normalidade.

Este clareo permite crear un espazo máis diáfano e ordenado no centro da Praza, onde gañarán protagonismo as árbores de maior porte e a fonte central. Ademais, disporase de máis espazo para o uso público, incluso para gozar da sombra dos cedros, capitalizada ata o de agora polos camelios e arbustos situados baixo as súas copas.

O proxecto de humanización que vai a comezar da especial relevancia á masa vexetal, razón pola cal se creará unha nova liña de árbores en paralelo a liña dos edificios do lateral que vai entre o colexio San Francisco e os supermercados, repartindo dun xeito máis ordenado a presenza de árbores na zona.
En canto ao proxecto de humanización, a previsión é que as obras comecen no mes de decembro, dado que o contrato adxudicarase definitivamente a vindeira semana.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2018  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -