_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O alcalde reúnese co ministro de Fomento para reforzar a demanda da parada do AVE a Madrid

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, reunise onte pola tarde co Ministro de Fomento, José Luis Ábalos, co obxecto de reforzar a demanda de que o AVE a Madrid inclúa parada en Vilagarcía. Aínda que o departamento estatal coñece a petición cursada dende a capital arousá, o encontro de onte, acordado entre ambas administracións hai unhas semanas, tiña como obxectivo expoñer directamente e polo miúdo a Ábalos os argumentos que xustifican a medida, especialmente agora, dado que o Ministerio está traballando na definición dos itinerario e horarios que terá a conexión da alta velocidade ferroviaria entre Galicia e a capital do estado.
07.11.2018.- O ministro socialista departiu sobre o asunto co alcalde, que, entre outros aspectos, destacou a positiva repercusión que esta escala tería non so na mellora da comunicación de toda a comarca do Salnés e municipios do Ulla-Umia con Madrid e a meseta, senón que tamén repercutiría no desenvolvemento económico e turístico de toda esta zona.

O rexedor salientou a receptividade amosada polo ministro durante a conversa concluíndo en que a demanda de Vilagarcía analizarase polo miúdo no marco dos estudos que se están realizando para a definición de itinerarios.

Maila que haberá que esperar a que rematen os estudos técnicos para coñecer a proposta final de itinerarios do AVE, Varela Paz amosou a súa satisfacción dado o coñecemento da situación amosada por José Luis Ábalos, polo interese co que acolleu a demanda de Vilagarcía e polo compromiso obtido de que se estudará establecer a escala nalgún dos horarios.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -