_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O CIM de Vilagarcía atendeu no que vai de ano a 389 persoas, incluídos 90 casos de violencia de xénero

Coincidindo coa celebración do 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o Centro de Información á Muller (CIM) de Vilagarcía fixo pública a súa memoria de actividade. No período comprendido entre xaneiro e novembro de 2018, o centro dependente da Área de Igualdade do Concello atendeu a 389 usuarias/os cos que realizou un total de 1.278 intervencións. Respecto ao número de mulleres en situación de violencia de xénero, este incrementouse nos dous últimos anos de xeito considerable pasando de 54 casos no ano 2016 a 90 no presente exercicio.
24.11.10º8.- As 1.278 intervencións realizadas polo CIM distribuíronse nos distintos servizos que se prestan no centro:

-Asesoramento Xurídico 374
-Atención psicolóxica 412
-Atención vítimas de VX 150
-Información de recursos, formación, orientación emprego 342

No servizo de asesoramento xurídico, o 26,74% das intervencións están relacionadas co Dereito de Familia. Destas, as consultas que solicitan información xeral sobre o proceso de divorcio representan o 19%, pero a gran maioría, case o 42%, teñen que ver con aspectos relacionados coa modificación de medidas, o incumprimento das sentenzas de separación ou divorcio.

Todo o relacionado coa xustiza gratuíta, información, solicitude, seguemento... acada mais do 20% do total das intervencións do servizo de asesoramento, ao igual que as consultas realizadas sobre Dereito Civil, cun 23,8%.

Respecto ao servizo de apoio psicolóxico, a terapia individual é a tipoloxía de intervención realizada no 74,51% das atencións. Das terapias realizadas con máis dunha persoa, as máis salientables son as de grupos de mulleres, co 2,67%. Delas, as que se realizan con fillos ou fillas 0 5,09%, e as que se realizan entre a parella o 3,15%.

No servizo de información e recursos sociais a orientación ao emprego supón 29,53% do total das atencións realizadas, a maioría delas en relación á incorporación dun total de 35 mulleres a distintos cursos de formación ocupacional. As intervencións relacionadas coa información de cursos, actividades…., aglutinan o 12,80%, e as relacionadas coa xestión de recursos (onde incluímos tramitación e asesoramento sobre axudas económicas, sobre recursos doutras institucións, sobre saúde tanto a asociacións, como a mulleres individuais)... son as que acadan o 50,58%dese servizo.

Sobre as persoas atendidas, principalmente sinalar que 366 son mulleres. Os homes que utilizan o servizo representan o 5,9%. O principal servizo utilizado por eles, que xeralmente derivados polos servizos sociais, é o de asesoramento xurídico.

Total persoas atendidas 389 (mulleres 366 e homes 23).

As principais características das mulleres atendidas son as seguintes:

Mulleres por idade:

menores 15 anos: 1
15 - 24 anos: 20
25 – 54 anos: 265
55-64 anos: 44
Maior 65 anos: 36

Por nivel de estudios:

Sen estudos: 6,83%
Educación primaria obrigatoria, ESO: 50%
Bacharelato, Ciclo formativo de grao medio, FP1: 27,3%
Grao universitario, Ciclo formativo de grao superior: 15,02%

Por estado civil:

Casada/o: 29,23%
Divorciada/o , separada/o, en trámite: 31,69%
Solteira/o: 28,14%
Unión consensuada: 4,09%
Viúva/o: 5,46%

Por dependentes ao seu cargo:

SI 56,01%
NON 43,44%

Por nº de fillos/as:

0 22,4%
1 29,5%
2 28,41%
3 15,5%
4 e máis 5,46%

Por situación laboral:

Autoemprego 1,09%
Empregada/o 23,22%
Desempregada/o 51,91%
Inactivas 20,7%

EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE

74,31 % das mulleres atendidas están en situación de vulnerabilidade

Vulnerabilidade por violencia de xénero:
- 94 mulleres
- 34,55% das mulleres vulnerables o son por violencia de xénero

A súa distribución por idade é a seguinte:

menores 15 anos: 0
15 - 24 anos: 11
25 – 54 anos: 69
55-64 anos: 9
Maior 65 anos: 5

COMO PRINCIPAIS OBSERVACIÓNS AOS DATOS PRESENTADOS, queremos engadir que o número de mulleres novas usuarias do CIM está a aumentar progresivamente. O número de mulleres entre os 15 e os 24 anos pasou de 2 no 2015 a 20 neste ano. O mesmo ocorre coas que están no tramo de idade de 25 a 34 anos, que pasaron de 18 a 48 no mesmo período de referencia.

Respecto ao número de mulleres en situación de violencia de xénero, este incrementouse nos dous últimos anos de xeito considerable pasando de 54 no 2016 a 90 neste ano. Situación que se reflexa en todos os tramos de idade.

Entre as atencións realizadas con estas mulleres, tramitáronse 33 axudas económicas ante a Xunta de Galicia ou ante o INEM.

Asemade, 22 están incorporadas ao sistema TAM de teleasistencia móvil.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -