_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello saca a licitación as obras de humanización da rúa Vázquez Leis, en Vilaxoán

O Concello de Vilagarcía acaba de sacar a licitación a obra de Humanización da Rúa Vázquez Leis, en Vilaxoán. Unha actuación que renovará por completo o exterior da principal arteria da localidade baixo criterios estéticos e de accesibilidade, e que conlevará a modernización de todos os servizos básicos. A obra ten un custe de 287.624 euros (IVE) incluído e un prazo de execución de 3 meses. Financiarase cunha subvención de 150.000 euros do POS da Deputación e con cos fondos FEDER, a través do programa "Vilagarcía Avanza" incluído na estratexia DUSI.
01.12.2018.- O proxecto de humanización da rúa Vázquez Leis ten como obxectivo mellorar os servizos, a accesibilidade, a seguridade viaria e a estética da que é a principal arteria de Vilaxoán, a que une a Avenida de Vilanova coa zona do porto. Esta actuación afectará a o tramo da rúa comprendido entre a avenida de Vilanova e a Praza Rafael Pazos.

A idea é deixar toda a rúa a un mesmo nivel, diferenciando a zona peonil da de tránsito de vehículos mediante diferentes pavimentos. Na zona de rodadura usarase formigón branco cepillado, e as beirarrúas cubriranse con lousas de pedra (granito silvestre), similar ás existente na praza.

Suprimiranse todas as barreiras arquitectónicas e acondicionarase a prazoleta intermedia, creando unha pequena zona verde con céspede e arbustos de baixo porte na que se instalarán bancos de formigón con respaldo de madeira.
Como en todas as obras que promove o actual goberno, o proxecto prevé a renovación das redes de saneamento e abastecemento de auga, prestando especial atención á canalización da recollida de pluviais dos edificios, que hoxe desauga directamente sobre a beirarrúa e que, tras as obras, farano directamente á rede soterrada.

Do mesmo xeito, soterraranse as canalización eléctricas, de teléfono e telecomunicacións, e substituirase o actual alumeado público por outro máis eficiente, de tecnoloxía LED e con interruptor astronómico.

DINAMIZACIÓN DE VILAXOÁN

Esta nova obra proxectada polo goberno local de Vilagarcía enmárcase no modelo de cidade no que traballa o executivo de Alberto Varela, baseado en conseguir unha cidade humanizada e accesible, con mellores servizos, onde o peón teña prioridade sobre os coches, e onde a suma destes factores actúe como motor para a dinamización socioeconómica da zona na que se actúa. Dentro desta mesma política, no caso de Vilaxoán, ademais da intervención en Vázquez Leis, inclúese a construción da Escola Infantil Municipal e a proba que se está a levar a cabo para tratar de mellorar a entrada á localidade por beiramar mediante a posible ampliación do paseo marítimo entre Ferrazo e Canelas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -