_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Julio Verne dará a benvida ao 2019 nunha Toma das Uvas retransmitida en streaming

A Toma das Uvas ás 12 da mañá do día 31 cumpre este ano o seu 20 aniversario. Por iso, o Concello introduciu unha novidade: a súa retransmisión en streaming a través das redes sociais Facebook e Instagram. Ademais, haberá un espectáculo baseado no universo imaxinativo de Julio Verne pola compañía de Pablo Méndez, que xa en anos anteriores sorprendeu ao público coas súas acrobacias aéreas.
22.12.20218. A cita será, como xa vén sendo tradicional, na praza de Ravella. O entretemento comezará arredor das 11 da mañá, con pasacalles, a actuación dun picadiscos e o espectáculo da compañía de Pablo Méndez dende as 11,45. Despois das badaladas, o espectáculo continuará ata as 13,30 horas, aproximadamente.

Os asistentes poderán brindar con cava e, por suposto, poderán tomar as preceptivas doce uvas. Todo con varias cámaras gravando e emitindo en streaming todo o que ocorra na praza da Ravella. Os espectadores tamén verán imaxes do interior do centenario reloxo dende o que os vilagarciáns darán a benvida ao 2019 ao mesmo tempo que nas súas antípodas, en Australia.

Na súa presentación, a concelleira de Xuventude, Sonia Outón, agradeceu publicamente o patrocinio que ano a ano prestan empresas como Gadis, La Metro ou Academia Elisa e, sobre todo, o esforzo dos moitos voluntarios que fan posible que arredor de 2.500 persoas teñan a oportunidade de celebrar o paso do ano na compaña de familiares e amigos no que é xa unha das grandes atraccións lúdicas e festivas de Vilagarcía.

A emisión das badaladas pode seguirse tanto dende Facebook (Concello de Vilagarcía e Toma das Uvas) como Instagram (Concello de Vilagarcía). A retransmisión comezará ás 11,30 horas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -