_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Os técnicos avalían as ofertas da mellora do edificio do Ramal e do ensanche e saneamento dun camiño en Castroagudín

O Concello de Vilagarcía celebrou onte as dúas primeiras mesas de contratación para a adxudicación dos traballos de mellora do edificio do centro socio comunitario do Ramal e do ensanche e dotación de saneamento no camiño de O Lago, na parroquia de Castroagudín. Un total de cinco empresas optan a realizar as obras no centro do Ramal, presupostadas en 58.000 euros; mentres que trece firmas presentaron as súas propostas para executar o proxecto de O Lago, que ten un custe de 49.668 euros. Os servizos técnicos estudan as ofertas para comprobar que reúnen os requisitos xurídicos e técnicos, e avaliar as condicións económicas, de cara a adxudicación de ambos contratos.
16.01.2019.- O proxecto das melloras no edificio da antiga Aduana do Ramal foi elaborado polo Concello co obxecto de subsanar os problemas de humidade e filtracións que rexistran as instalacións e, deste xeito, contribuír á conservación e mantemento do inmoble incluído no Catálogo de Bens a Protexer. O edificio do Ramal é de titularidade municipal aínda que dende hai anos o Concello comparte o seu uso coa Consellería de Benestar da Xunta de Galicia que dispón no inmoble de diversos servizos de carácter social e para as persoas maiores. De feito o inmoble funciona como centro socio comunitario, polo que as obras repercutirán tamén nunha mellora das condicións de uso para traballadores e usuarios das instalacións.

Para acabar coas filtracións de auga procedentes do exterior e que teñen a súa orixe nas cornixas dos muros, instalarse unha protección de chapa de zinc que facilite a evacuación de augas cara fora. Tamén se levantará o pavimento das terrazas do ático, que se atopan en bastante mal estado e nas que medra vexetación que obstrúe os desaugadoiros. Instalarase unha lámina impermeabilizante e arranxaranse as baixantes.

As humidades presentes nos tabiques interiores do edificio resolveranse localizando e arranxando os puntos de fugas das vellas tubaxes de auga e calefacción que discorren empotradas nas paredes. Reporanse os taquiques afectados e substituiranse os falsos teitos en mal estado.
Polo que respecta ao exterior do edificio, restaurarase a antiga carpintería exterior de madeira do ático, así como as varandas de ferro dos balcóns deste mesmo andar.

Para financiar esta obra, o Concello conta cunha subvención de 27.923 euros da Deputación Provincial de Pontevedra.

Plan de infraestruturas do rural

A obra do camiño de O Lago inclúese no plan de mellora das infraestruturas do rural que está levando a cabo o Concello. A actuación era una demanda dos veciños desta zona de Castroagudín que debido á estreitez da actual vía, de escasos 3 metros de ancho, teñen serias dificultades para acceder cos vehículos ata as súas vivendas, cos lóxicos impedimentos á hora de desprazar a persoas con problemas de mobilidade ou descargar obxectos pesados.

A actuación promovida pola Concellería de Obras e Servizos que dirixe Lino Mouriño prevé actuar ao longo de 114 metros do camiño. Para poder darlle máis ancho é preciso facer un desmonte e construír un muro de contención en mampostería da mesma lonxitude que permita asegurar a estabilidade do talude de terra. O muro construirase con pedra granítica e terá unha altura variable de ata 3 metros. Para a súa execución deberá executarse previamente a escavación e cimentación.

Aproveitando esta obra, e para continuar coas labores de ampliación dos servizos básicos no rural, o Concello prevé neste mesmo proxecto ampliar a rede de saneamento de Castroagudín, para o cal instalará ao longo deste camiño os colectores do servizo municipal que se conectarán no entronque que da servizo á parroquia. Esta medida permitirá que as vivendas emprazadas ao carón do camiño de O Lago poidan conectarse a rede pública de saneamento.

A ampliación deste servizo materializarase coa instalación dun colector de PVC de 315 milímetros de diámetro, nunha lonxitude de 100 m, e coa execución das pertinentes obras complementarias de escavación de gabias, pozos de rexistro e conexión coa rede xeral.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -