_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
O 71% das visitas ao Museo do Ferrocarril concéntranse nos catro meses de verán

Un total de 1.267 persoas visitaron o pasado ano o Museo do Ferrocarril de Vilagarcía, o MUFEVI. Segundo a memoria estatística realizada pola Oficina Municipal de Información Turística do Concello, a maior parte desas visitas (o 71%) concentráronse tan só nos catro meses da temporada de verán. En canto ao perfil dos visitantes, máis da metade son galegos e case un 12 % repite o seu paso polo centro museístico situado na antiga estación de Carril.
21.01.2019.- Seguindo a tónica de anos anteriores, a temporada vacacional de estío concentra a maior actividade no MUFEVI. O mes con maior afluencia de xente foi agosto, con 304 visitantes, seguido de xullo, con 279. En xuño pasaron polas instalacións culturais da primeira liña de ferrocarril de Galicia 168 persoas, mentres que en setembro fixérono 145. No resto do ano, a afluencia de visitantes descende, aínda que o centro segue mantendo actividade, principalmente con visitas culturais de asociacións e colexios, aínda que tamén de persoas que acoden ao museo de forma particular. En marzo o centro acolleu a visita de 117 persoas, en outubro de 84, en febreiro contabilizáronse 72 visitas e en maio 55.

Tendo en conta os períodos nos que o centro permanece cerrado ao público, a media de visitas que recibiu o MUFEVI en 2018 foi de 126 persoas por mes. As semanas de peche coinciden coa temporada máis baixa de visitas (novembro, metade de decembro e metade de xaneiro), días que se aproveitan para a realización de traballos administrativos, formación e vacacións do persoa).

Cómpre lembrar que o persoal que atende o museo do ferrocarril rota estas labores coa atención da Oficina Municipal de Turismo do Cavadelo, que abre todos os días do ano excepto o 25 de decembro, 1 de xaneiro e 16 de agosto.
En canto ao perfil das persoas que visitaron o Museo do Ferrocarril o ano pasado, máis da metade eran galegos -en concreto o 60% do total- e dentro deste grupo foi maioritaria (66%) a presenza de visitantes de municipios da provincia de Pontevedra.

Os visitantes procedentes doutras comunidades do Estado sumaron o 36,6% do total dos turistas que pasaron polo centro museístico dedicado ao ferrocarril, sendo os madrileños os máis numerosos (27,6%), seguidos dos visitantes procedentes de Castela León (19%) e de Aragón (14%). Andaluces, cataláns e asturianos supuxeron o 9,5%, 7,6% e o 4,7% das visitas nacionais respectivamente, tendo representación inferior os visitantes procedentes de Navarra, Castela A Mancha, Estremadura, Comunidade Valenciana, Cantabria, Murcia e A Rioxa.

As visitas de carácter internacional supuxeron o 3,5% do total, con predominio da nacionalidade arxentina, que representou o 25% do total neste apartado. O MUFEVI tamén contou con visitantes de Portugal (13,5%) Estados Unidos e Irlanda (11,3%), Francia (6,8) e un 4,5 de Bélxica. Tamén visitaron o museo, aínda que en menores porcentaxes,turistas procedentes de Dinamarca, Países Baixos, Brasil, Colombia, Filipinas, Xapón e Venezuela.

Un interesante dato a ter en conta é que do total das 1.267 visitas rexistradas o pasado ano, case o 12% repetía o seu paso polo MUFEVI, o que pon de relevo o interese que suscita este museo.

Plan de dinamización e ampliación de contidos

Cómpre lembrar que o Concello de Vilagarcía vén de poñer en marcha un plan de dinamización e ampliación dos contidos do MUFEVI. Neste marco, en breve trasladarase ao centro novo material cedido pola Fundación de Ferrocarrís Españois. Trátase dunha marquesiña de fundición de 1901, unha grúa hidráulica de 1945 e un reloxo de andén de 1980, que se atopan en proceso de restauración. Os elementos amplían os contidos que do museo emprazado na antiga estación de Carril, un punto de gran relevancia histórica por tratarse da primeira liña ferroviaria creada en Galicia. A pretensión do goberno local é potenciar o centro museístico como recurso turístico e cultural, para o cal estableceuse unha liña de colaboración coa FFE que se inaugura con esta primeira cesión.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -