_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Mouriño asiste ás xornadas técnicas sobre “A Cidade dos Nenos e das Nenas” impartidas por Francesco Tonucci

O concelleiro de Medio Ambiente, Lino Mouriño, asiste hoxe e mañá ás xornadas técnicas e formativas sobre o “Proxecto Internacional: A cidade dos nenos e das nenas” que imparte o pedagogo Franceso Tonucci en Fuerteventura. A participación de Mouriño ten como obxectivo recoller información e experiencias doutros lugares de España para poder desenvolver a iniciativa en Vilagarcía, dando así cumprimento ao acordo de adhesión a este proxecto internacional adoptado por unanimidade do Pleno da Corporación na última sesión de xaneiro.
13.02.2019.- Ás xornadas, ás que asisten varios municipios e organismo públicos de España, incluídos a Deputación Provincial e o Concello de Pontevedra, teñen como relator ao propio Tonucci, pedagogo de recoñecido prestixio internacional e ideólogo do proxecto da Cidade dos Nenos.

Partindo da situación actual, ao longo de dous días, os asistentes irán reflexionando sobre como mellorar as cidades partindo do punto de vista e das necesidades dos nenos, tendo en conta que o que é positivo e beneficioso para un cativo, tamén o é para o resto das persoas.

A través de propostas teóricas e experiencias prácticas, exporanse ideas que permitan ás cidades recuperar o espazo público para o uso seguro e cómodo por parte das persoas. O obxectivo é gañar en mobilidade, recuperar a autonomía de movemento que tiñan hai décadas os nenos para desprazarse libremente e sos polas rúas, e tamén garantir o desenvolvemento do dereito ao xogo, ao espazo público e mesmo do dereito á saúde, moi relacionado coa seguridade e a posibilidade de gozar das rúas e prazas para o esparexemento, o ocio ou o deporte a calquera idade.

Aínda antes de adherirse ao proxecto internacional Cidade dos Nenos e das Nenas, o Concello de Vilagarcía xa comezara a adoptar medidas que seguen esta mesma liña de pensamento como a peonalización e humanización de rúas, o calmado do tráfico no centro da cidade, a habilitación de aparcamentos disuasorios, a ampliación do carril bici ou inicitivas de concienciación como as da Vila do Mañá.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -