_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
MULLER
Unha activista no asociacionismo feminino lerá o manifesto do Día da Muller Traballadora

Unha activista no asociacionismo feminino, Teresa Cuíña, é a persoa elixida polo Consello Local da Muller para ler o manifesto do 8M. O acto adiántase un día para non coincidir coa Folga de Mulleres convocada para o venres 8 de marzo, polo que o acto terá lugar mañá xoves, ás 12 do mediodía diante do consistorio. O venres tamén haberá unha concentración das traballadoras do Concello á que invitan a asistir a todas as persoas que desexen poñer de manifesto as reivindicacións de igualdade do colectivo feminino.
06.03.2019.- Teresa Cuíña, actualmente xubilada, representa ás mulleres traballadoras de Vilagarcía. Ela desempeñou a súa vida laboral nas Oficinas da Cámara Agracia do municipio durante moitos anos, incluso en épocas en que a muller apenas estaba presente no eido laboral, e foi unhas das principais impulsoras do movemento asociacionista feminino, colaborando na creación das primeiras asociación de mulleres rurais coa chegada da Democracia.
Cuíña lerá en Ravella o manifesto elaborado polo Consello local da Muller e aprobado polo Pleno de Vilagarcía. O acto terá lugar mañá, xoves ás 12 do mediodía e dende a Área de Igualdade do Concello chaman á participación da cidadanía.

O venres 8M tamén se celebrará unha concentración a mediodía fronte o Concello. Neste caso estará protagonizada polas traballadoras do consistorio que se suman á folga de mulleres na modalidade de xornada completa ou do paro de dúas horas. A concentración centrarase nas dúas horas do paro, de 12 a 14 horas e está aberta a toda a poboación.

O actos organizados pola Área de Igualdade do Concello para conmemorar o 8M continuará o sábado co Maratón Fotográfico.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2019  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -