_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
POLICÍA LOCAL
Vilagarcía rexistrou o ano pasado 31 accidentes de tráfico menos que en 2017

A Policía Local de Vilagarcía puxo en coñecemento da Xunta de Goberno Local a memoria de sinistralidade viaria en 2018. As cifras desvelan unha evolución positiva respecto ao exercicio anterior, posto que se rexistraron 31 accidentes menos que en 2017, pasando dos 492 aos 461. A situación tamén mellorou lixeiramente en canto ao número de vítimas mortais -só se produciu unha fronte as dúas de 2017-, e de feridos graves, 9 respecto a 10.
18.03.2019.- A estatística confeccionada pola Policía desvela tamén que só na cuarta parte dos accidentes se rexistraron feridos. De feito, dos 461 sinistros, tan só houbo vítimas en 119 casos, sendo un total de 140 as persoas resultantes con feridas leves. Este dato é sensiblemente superior ao do ano 2017, no que se rexistraron 110 accidentes con vítimas que tiveron como consecuencia 135 feridos leves.

Semáforos para as vías máis conflitivas

Outro dato salientable do informe é que o maior número de accidentes con vítimas tiveron como escenarios a Avenida Rodrigo de Mendoza (27) e a Avenida Doutor Tourón (21). Precisamente, nestas dúas vías o Concello vén de instalar semáforos para regular a circulación. Os semáforos puxéronse en funcionamento hai unhas semanas polo que os seus efectos de calmado de tráfico e de seguridade nos pasos de peóns non se reflicten na memoria do ano 2018.
Por último, segundo as estatísticas, febreiro (con 20 accidentes) e outubro (19) foron os meses nos que se concentrou maior número de sinistros, e en canto aos días da semana, os luns e os venres foron os máis conflitivos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -