_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FORMACIÓN
Emprego pon en marcha unha nova edición dos cursos gratuítos de inclusión e capacitación dixital

A Concellería de Promoción Económica e Emprego vén de poñer en marcha unha nova edición do programa de Inclusión e Capacitación Dixital que se impartirán na aula CEMIT do Centro de Formación de Matosinhos dende esta semana e ata o mes de novembro. A carta componse de 13 cursos diferentes, repartidos en cinco bloques temáticos que, comezando dende o nivel de iniciación en temas informáticos, van aumentando en grao de complexidade co obxecto de facilitar unha formación completa ao alumnado. Os cursos son para persoas maiores de 18 anos e a participación é gratuíta.
20.03.2019.- O obxectivo do programa de Inclusión e Capacitación Dixital é facilitar o aceso, coñecemento e manexo das novas tecnoloxías a todas as persoas que o precisen, pensando principalmente en facilitarlles o acceso ao mercado laboral mediante a mellora da empregabilidade que supón contar cos coñecementos sobre informática e TICs que demandan as empresas hoxe en día. Precisamente, para que o proceso sexa máis doado, tamén haberá cursos sobre o aproveitamento das novas tecnoloxías á hora de buscar traballo, así como no manexo dos medios dixitais e redes especializadas en ofertas e demanda de emprego.

O primeiro bloque será o de Inclusión Dixital en el inclúense os cursos dirixidos a persoas con pouco ou ningún coñecemento. Son os de Iniciación á informática e internet para adultos, Correo electrónico: webmail e Seguridade na Rede.

Cunha orientación máis profesional deseñouse o segundo bloque temático sobre Ofimática en Software Libre composto de catro cursos: Procesador de textos, Folla de Cálculo, Elaboración de presentacións e Base de datos.

Dada a finalidade última deste programa formativo -a busca de emprego e acceso ao mercado laboral-, o terceiro bloque temático refírese á Orientación ao Emprego e nel impartiranse cursos sobre Redes Sociais e procura de Emprego e de Potenciación da marca persoal en Linkedin, a rede social especializada no mercado laboral. Esta última acción formativa inclúese por primeira vez na cara do programa.

O cuarto bloque temático versa sobre Capacitación avanzada en ferramentas TIC. Neste apartado impartiranse os cursos de inclúen cursos de Deseño de páxinas webs con Wordpress, Retoque Fotográfico e de Scribus: Deseño de carteis e folletos. Esta última acción formativa tamén se inclúe por primeira vez na carta deste programa.

Por último, atendendo ás necesidades da vida cotiá e ás esixencias da administración electrónica, o último bloque temático céntrase precisamente na Administración Electrónica e a E-Administración. Aquí inclúese un curso completamente novo no cal se formará sobre o procedemento de realización de Trámites electrónicos, sobre o DNI- e E-administración e, máis en concreto, sobre o uso e funcionamento de cara ao cidadán da sede electrónica do Concello de Vilagarcía.

Os cursos serán impartidos por persoal especializado da Consulta Kaeme, nas dependencias dado Centro de Matosinhos en horario de mañá e tarde. As inscricións poden realizarse xa no centro de Matosinhos en horario de 9 a 14 horas. Os interesados poden anotarse a máis dunha acción formativa e tamén poderán elixir o horario que máis lle conveña. A formación é presencial e a duración dos cursos oscila entre as 8 e as 30 horas lectivas.


1.153 persoas formáronse nas dúas edicións anteriores

A deste ano é a terceira edición do programa de Inclusión e Capacitación Dixital que promove a Concellería que dirixe Juan Antonio Pérez Callón. O balance das dúas anteriores é moi positivo xa que nos 69 cursos impartidos formáronse un total de 1.153 persoas. O dato é máis positivo aínda si se ten en conta que a evolución foi a alza, xa que na primeira edición participaron 413 alumnos, número que se incrementou ata os 740 na segunda. Estas cifras demostran que a xente demanda este tipo de accións formativas para poñerse ao día no tema da informática e as novas tecnoloxías que cada vez están máis presentes en todos os eidos das nosas vidas.

Contar cuns coñecementos básicos nesta materia é imprescindible para evitar a exclusión laboral, social e mesmo administrativa. A importancia de dispor da formación elemental é tal que o Concello oferta estes cursos de forma gratuíta para os usuarios. Para financiar o programa, a administración local conta cunha subvención de 15.000 euros a través das axudas que concede a Xunta para as aulas CEMIT.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -