_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vintecatro empresas pugnan pola obra de mellora da mobilidade nas rúas da contorna de Fexdega

O proxecto de mellora Integral da Mobilidade e da Seguridade Viaria nas rúas da contorna de Fexdega espertou o interese de 24 empresas que presentaron as súas ofertas para executar as obras valoradas en 386.683 euros. Os servizo técnicos municipais avalían as propostas para procede rá adxudicación das obras que teñen un prazo de execución de 6 meses e que incidirán na accesibilidade das rúas, nas que se construirán beirarrúas onde non as hai, ensancharanse outras, mellorarase a sinalización viaria e renovaranse as redes de abastecemento e saneamento.
01.04.2019.- Esta importante actuación está cofinanciada por Concello e Deputación. O proxecto está incluído no programa DepoRempese, a través do cal o organismo provincial aporta unha subvención de 309.346 euros aos que o Concello suma os 77.336 euros restantes.

As obras levaranse a cabo nas rúas que unen a avenida de Rodrigo de Mendoza á altura do enlace coas Bocas, ata a avenida de Agustín Romero, practicamente fronte á sede de Protección Civil; é dicir, bordeando Fexdega. Os traballos previstos incidirán de xeito moi positivo no tráfico rodado e tamén na seguridade dos peóns nas rúas Limoeiro, Nogueira e Filgueira, ao tratarse de vías moi frecuentadas por bordear un centro de gran atracción de público como é Fexdega, lugar onde se celebran feiras, concertos, eventos de todo tipo e tamén a actividade deportiva diaria de clubs e da propia Fundación Municipal.

O proxecto consiste en consolidar un ancho fixo de 5 metros para o vial, deixando o resto para beirarrúas, que nun caso se crearán, noutros se ampliarán e noutros se mellorarán. Igualmente, se renovarán todos os servizos, o que implica actuar sobre as canalizacións de electricidade, auga potable, augas residuais, etcétera.
Tamén se mellorará a sinalización horizontal e vertical, o que inclúe pasos de peóns. Para facilitar o acceso á avenida de Agustín Romero prevese a demolición dun pequeno galpón ao final da rúa Limoeiro, facilitando con iso a visibilidade, nunha saída que, aínda que está regulada por semáforo, prodúcese nunha curva e a escasos metros doutro cruce.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -