_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
EMPREGO
O Concello volve a apostar polo socorrismo e a promoción turística no proxecto do Labora Xove 2019

A Área de Emprego da Concellería de Promoción Económica presentou hoxe á Xunta de Goberno Local o proxecto para desenvolver unha nova edición do Obradoiro Labora Xove e no que se volve a apostar pola formación de socorristas acuáticos e informadores turísticos por tratarse de dous nichos de emprego cun elevado índice de inserción laboral, sobre todo tendo en conta a proximidade do Xacobeo 2021. A Xunta de Goberno aprobou o proxecto e acordou solicitar á Xunta de Galicia a concesión dunha subvención de 180.021 euros aos que o Concello engadirá 25.000 máis para financiar o obradoiro que formará a 16 mozos e mozas.
13.05.2019.- O Obradoiro de Emprego para a mocidade están regulados pola Consellería de Economía, Empego que establece unha duración máxima de 6 meses para este tipo de actividade de formación profesional. Os proxectos a subvencionar deben dar resposta ás demandas do mercado de traballo e ser capaces de activar o desenvolvemento territorial, xerar riqueza e, consecuentemente, crear postos de traballo.

O proxecto que presenta o Concello de Vilagarcía inclúe dous módulos formativos con 8 prazas cada un: Socorrismo en espazos Acuáticos (que xa sería a terceira vez que se imparte debido á demanda que existen todos os municipios de Galicia para temporada de praias, así como para atención en piscinas públicas) e o de Promoción Turística Local e Información ao Visitante.

O obradoiro terá unha única etapa de formación en alternancia co traballo ou a práctica profesional, e a súa finalidade será a obtención por parte dos alumnos dos correspondentes certificados de profesionalidade. Durante esta etapa os alumnos e alumnas percibirán as retribucións salariais que lle correspondan de conformidade co previsto na normativa aplicable e nesta orde.

Na fase de aprendizaxe, o alumnado de ámbalas dúas especialidades realizará traballos ou servizos de interese social ou comunitario para o Concello. No caso da especialidade de Socorrismo en espazos acuáticos, realizarán asistencia operativa ao Servizos Municipal de Emerxencias e á Fundación Municipal de Deportes nas actividades de socorrismo nos espazos naturais e nas instalacións acuáticas de titularidade municipal. O alumnado do módulo de Promoción Turística Local e Información ao Visitante realizará accións para promover o turismo no municipio e para a posta en valor dos seus recursos naturais e patrimoniais en xeral, aínda que dada a proximidade do Ano Xacobeo, farase especial fincapé na Ruta Marítimo Fluvial xacobea do mar de rousa e Ulla e do roteiro de peregrinaxe do Padre Sarmiento que pasa por Vilagarcía.

Unha vez aprobado o proxecto por parte do goberno local, o Concello deberá esperar á resolución da convocatoria de axudas da Consellería. Si se aproba a subvención solicitada, poranse en marcha os mecanismos para a selección do alumnado que, en calquera caso e segundo establece a Orde reguladora da administración autonómica, deberán ser mozas e mozos desempregados, de dezaoito ou máis anos inscritos e en situación de beneficiarios no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2019  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -