_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
A Área de Igualdade organiza un obradoiro de autodefensa para mulleres

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía organiza un obradoiro de autodefensa destinado exclusivamente a mulleres e que ten como obxectivo evitar ou reducir as agresións que sufre a poboación feminina. A actividade ten un novidoso enfoque interdisciplinar, posto que, ademais de técnicas de defensa física, como as artes marciais, abrangue outras procedentes de campos como a Psicoloxía. A asistencia ao obradoiro é de balde e poderán participar nel 30 mulleres a partir de 12 anos de idade. As interesadas deben inscribirse nas dependencias de Muller, no Concello.
13.05.2016.- O obradoiro de autodefensa será impartido por integrantes do colectivo Lésbicas Creando. Desenvolverase o día 31 de maio nas dependencias de Fexdega, en horario de tarde, de 17 a 20:30 horas.

Trátase dun obradoiro con enfoque integral cun método propio no que, a través de diferentes correntes de desenvolvemento persoal e colectivo, como a Psicoloxía, Sexoloxía, Terapia do Reencontro e metodoloxía mixta de diferentes Artes Marciais, como o Karate ou Coshin, poténciase a autodefensa física dende a corporalidade e características das mulleres.

Abordaranse técnicas físicas e elementos emocionais, psicolóxicos e relacionais dende unha perspectiva de crear e ampliar posibilidades fronte ás violencias.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -