_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
A macro foliada de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre porá a banda sonora á véspera de Santa Rita

As celebración na honra de Santa Rita seguen collendo velocidade. A xornada do martes, 21 de maio, véspera do día grande das festas, virá claramente marcada pola macro foliada que o músico coruñés Xabier Díaz ofrecerá a partir das 21:00 horas no Parque da Xunqueira acompañado das Adufeiras de Salitre. Un animado concerto no que o folclore e a música popular galegos serán os grandes protagonistas. Ademais, durante a xornada continuarán as actividades de animación da Feira Celta, haberá pasacalles e as proxeccións da Caixiña dos Mixtos para os nenos. O colofón á xornada porao El Combo Dominicano coa verbena ca contorna de Vista Alegre.
20.05.2019.- Xabier Díaz, acompañado da percusión e as voces das Adufeiras de Salitre, dará conta dos traballos do seu último disco en común "Noró", todo un canto a Galicia e ás músicas dos pobos do norte. O concerto está incluído no programa Musigal da Deputación e, como en todos os eventos das festas de Santa Rita, a entrada é libre e de balde.

No espectáculo interveñen 15 músicos en escena para un directo poderoso coa clara intención de revisar ao vivo o repertorio da gravación que Xabier e este grupo de 12 cantoras e percusionistas están presentando acompañadas de Gutier Álvarez (violín e zanfona) e Javier Álvarez (acordeón diatónico).


AXENDA PARA O MARTES 21 MAIO
DE 11:00 A 15:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA]
Feira Celta
11:00 Apertura do mercado Celta, da zona de animación e xogos, do Campamento Castrexo “Clan de Breogán” e do Rincón do Retrato.
Apertura dos talleres artesáns (barro, cestería, coiro e vidro).
12:00 O Fauno percorre o mercado
12:45 Pasacalles de música Celta
13:30 O xigante malabarista divirte aos cativos
14:00 Pasacalles de Música Celta
15:00 Peche do mercado

DE 18:00 A 24:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA]
Feira Celta
18:00 Apertura do Mercado Celta
18:45 O Fauno percorre o mercado
19:00 Pasacalles de música Celta
20:00 O xigante malabarista percorre o mercado
20:30 Pasacalles de música celta
21:30 O xigante malabarista divirte aos cativos
22:00 Espectáculo de fogo e malabares
24:00 Peche do mercado

DE 17:00 A 20:00 [ALAMEDA – AVDA. DA MARIÑA]
Festivaliño on the road - X Aniversario da Caixiña dos Mixtos
Festival itinerante de cinema infantil

20:00 [RÚAS DA CIDADE]
Pasacalles: Agrupación Folclórica Froallo de Vilagarcía
21:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA]
Concerto Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
Programa Musigal 2019 da Deputación de Pontevedra
15 músicos en escena para un directo poderoso coa clara intención de revisar ao vivo o repertorio da gravación que Xabier e este grupo de 12 cantoras e percusionistas.
Humildes e poderosos a un tempo… Adufes, pandeiretas, cunchas, pandeiras… Todo un exército de parches para montar unha foliada de dimensións ciclópeas.
22:30 [RÚA ALEXANDRE BÓVEDA]
Verbena popular. El Combo Dominicano


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -