_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A Praza da Independencia ábrese ao público para maior comodidade dos veciños, do comercio e da hostalaría da zona

Como xa se fixera cando se rematou a peonalización do tramo comprendido entre o colexio San Francisco e a Rúa San Roque, a Praza da Independencia abrirase na súa totalidade esta tarde para devolver a normalidade aos veciños, comercio e hostalaría da zona afectadas polas obras nos últimos meses. O proxecto de humanización e acondicionamento da céntrica praza vilagarciá está , quedando unicamente a colocación dos últimos bancos e da bancada construída coas pedras do vaso da antiga fonte. Co novo deseño, a praza gaña en sensación de amplitude, e aínda lucirá máis cando medre o céspede recén plantado e florezan as plantas ornamentais que aportarán frescor e colorido a este privilexiado entorno.
24.05.2019.- Tras dar por rematada a obra civil, a empresa adxudicataria Montajes J.M. Iglesias. Realizou onte pola tarde as últimas probas de funcionamento do sistema de iluminación e da nova fonte que, como xa se anunciara, consta de varios surtidores de auga a nivel do chan distribuídos ao redor do monolito coa escultura alegórica da Guerra da Independencia. Os pequenos chafarices poden programarse para botar chorros a diferentes alturas.

Tras comprobar que todo funciona correctamente, a Praza quedará aberta ao público a última hora desta tarde, cando rematen a recollida de materiais, a limpeza do espazo e os arranxos vexetais. Aínda que a imaxe que ofrece agora a Praza da Independencia xa mellora considerablemente a súa situación respecto ao estado anterior, grazas a novo deseño e a peonalización dos dous laterais, aínda haberá que esperar a que medre o céspede e florezan as plantas ornamentais para que o espazo luza con todo o seu esplendor coa sensación de frecura e o colorido que aportarán os adornos vexetais.

Maila isto, os veciños xa poderán gozar do novo espazo de esparexemento a partir desta tarde-noite. A semana que ven a adxudicataria acabará de colocar os bancos que restan –ao redor dunha ducia- e a completar a instalación dos respaldos de madeira nos que aínda non contan con eles. As pedras que formaban parte do antigo vaso da fonte están sendo adaptadas nunha cantería, polo que a bancada colocarase tan pronto como rematen o seu traballo os canteiros.

Un novo espazo peonil para dinamizar un espazo privilexiado

O Concello de Vilagarcía investiu 232.000 euros no proxecto de “Peonalización e mellora estética da Praza da Independencia”, unha actuación que se financiou cos fondos europeos estratexia Edusi na que se enmarca o programa "Vilagarcía Avanza". A actuación promovida polo Concello permite reducir o tráfico rodado nesta céntrica zona da cidade, mellorar a seguridade viaria na contorna dun colexio, eliminar barreiras arquitectónicas, modernizar a imaxe global da zona e renovar os servizos básicos de auga e saneamento. Con isto preténdese dinamizar este espazo que, pese a atoparse nun emprazamento privilexiado e totalmente céntrico, antes da obra utilizábase unicamente como zona de paso. Agora, este novo espazo peonil e de esparexemento dará continuidade á tamén remozada Praza de Galicia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -