_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
A Escola Infantil de Vilaxoán, a Praza de Galicia e o acceso ao parque do Montiño concorren aos Premios Juana de la Vega

O Concello de Vilagarcía presenta aos Premios Juana de la Vega de Intervención da Paisaxe tres obras públicas promovidas pola administración local e executadas recentemente no termo municipal. Os proxectos seleccionados para concorrer a estes prestixiosos premios son o da Humanización da Praza de Galicia, obra de Mariano Vázquez Iglesias e os da Escola Infantil de Vilaxoán e de Mellora da Accesibilidade ao Montiño, ambos autoría do arquitecto Iago Pérez Fuentes. Ademais de reunir os requisitos que se esixen na convocatoria, o executivo local entende que os tres proxectos teñen unha grande calidade, tanto dende o punto de vista funcional como estético, razón pola cal decidiron presentalos á valoración do prestixioso xurado deste certame.
31.05.2019.- Os Premios Juana de la Vega convócaos a Escola Galega da Paisaxe e contan con tres categorías: Intervencións en espazos exteriores, Intervencións privadas no patrimonio construído e na súa contorna e Vivendas unifamiliares. As candidaturas de Vilagarcía concorren no primeiro apartado, que ten por obxecto recoñecer aquelas intervencións realizadas en espazos exteriores, tanto públicos como privados, que contribúan a mellorar a calidade da paisaxe. O premio é un recoñecemento a aquelas intervencións no patrimonio natural e construído que contribuirán a mellorar a calidade dos elementos que configuran a paisaxe de Galicia e sirvan de referencia social para futuras intervencións no mesmo.

As tres categorías do premio teñen una dotación económica de 6.000 euros cada una delas, destinada ao autor do proxecto, que tamén recibirá un diploma acreditativo. A criterio do xurado poderán concederse dous accésits, dotados cada un deles cun diploma e unha cantidade económica de 1.500 euros. Ademais do recoñecemento xeral aos autores é ao proxecto en si, a obtención dun destes premios tamén resultaría moi beneficiosa para Vilagarcía en canto á imaxe que se proxecta tanto na propia cidade como cara afora, e suporía un atractivo máis para promocionar o municipio.

Poden ser candidatos ao premio o autor/es do proxecto ou da intervención, cuxo promotor sexa unha persoa física ou xurídica de natureza pública ou privada. Só se admiten intervencións realizadas en Galicia, que fosen finalizadas entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31de decembro de 2018. O fallo do xurado darase a coñecer no último cuadrimestre do ano.

Escola Infantil de Vilaxoán
A Escola Infantil de Vilaxoán é un exemplo de cómo un edificio moderno de equipamentos educativos pode mimetizarse e integrarse nun casco urbano tradicional mariñeiro. O Arquitecto Iago Fernández seguiu esta máxima para deseñar un orixinal proxecto modular que responde ás necesidades do servizo de gardería e cuxos volumes harmonizan coas edificacións do casco mariñeiro ao que da continuidade. A obra, que se rematou hai meses, contou con críticas moi positivas.

Humanización da Praza de Galicia
O proxecto para a humanización e peonalización da Praza de Galicia xa fora recoñecido pola Comisión Provincial de Patrimonio que tivo que autorizar a actuación antes da súa execución. Os integrantes do organismo destacaron moi favorablemente aspectos como a reseña histórica e a interpretación da mesma que se propón respectando os cursos orixinais das augas antes da execución dos recheos e coa introdución de acequias para previr as inundacións. Tamén valoraron moi positivamente a importante mellora estética que ía supoñer a actuación promovida polo Concello e que foi deseñada polo arquitecto Mariano Vázquez.

Mellora da Accesibilidade ao Montiño
Tamén obra de Iago Fernández, esta actuación tiña como obxectivo mellorar a accesibilidade e a estética á zona arqueolóxica do Castro de Alobre, tendo en conta o marco no que se ía a actuar: no Conxunto Histórico e Monumental de Vista Alegre. A obra consistiu na substitución das deterioradas escaleiras de madeira situadas xunto á entrada do colexio Filipense, por outras máis resistentes de aceiro cortén e iluminadas con luces led. O resto do camiño, que era un pedregal de difícil accesibilidade, acondicionouse cunha capa de formigón tratado para darlle aspecto antigo, combinado cunha lámina de vexetal que facilitar o filtrado de pluviais e evita o escorregamento de auga cara a rúa. Este mesmo tratamento se lle dou á calexa lateral habilitada en forma de rampla.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2019  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -